CRTVG VIVA

A TVG ofrece este serán Deportivo– As Palmas, na pugna polo ascenso á Primeira División

16/05/2012 00:01

A TVG ofrece este serán Deportivo– As Palmas, na pugna polo ascenso á Primeira División

Ás 19.55h, en directo, narrado por Sergio Delpont, cos comentarios de Manuel Canabal e Patricia Rodríguez

Santiago, 16.05.2012.- De xeito excepcional esta semana, importantes transmisións deportivas trasládanse ás emisións da primeira canle da Televisión de Galicia. Os dous equipos galegos, o Deportivo e o Celta, que pugnan polo ascenso á Primeira División, xogarán en directo, os seus respectivos encontros, na TVG. A primeira quenda será hoxe para o Deportivo, mentres que o Celta xogará o sábado antes doutro grande evento do fútbol, a final da Liga de Campións. ler máis

Compostela acolle hoxe a gala de entrega do VI Premio Diario Cultural de Teatro Radiofónico

15/05/2012 00:02

Compostela acolle hoxe a gala de entrega do VI Premio Diario Cultural de Teatro Radiofónico

Convocado pola Radio Galega e o Centro Dramático Galego, este ano premia as obras de Eva Ferreira e de Santiago Cortegoso e Marián Bañobre


O acto, de entrada libre, desenvolverase no Salón Teatro, ás 20.00h, en formato de espazo radioescénico, coa interpretación de fragmentos dos textos gañadores e finalistas

Santiago, 15.05.2012.- O Salón Teatro de Santiago acolle hoxe, ás 20.00h, a gala de entrega do VI Premio Diario Cultural de Teatro Radiofónico, organizado pola Radio Galega e o Centro Dramático Galego co patrocinio da AGADIC -Axencia Galega das Industrias Culturais-, cuxo Premio do Xurado recaeu nesta edición en Eva Ferreira, por “Poema sinestésico para tres voces e un can”, e o Premio da Audiencia, en Marián Bañobre e Santiago Cortegoso, autores de “Intercom-baby”. ler máis

A Galega ofrece esta sobremesa o documental "Valentín Paz Andrade: Verbas e Feitos"

15/05/2012 00:01

A Galega ofrece esta sobremesa o documental "Valentín Paz Andrade: Verbas e Feitos"

Primeira de dúas entregas, en que destacadas personalidades do mundo da cultura analizan e destacan a rica personalidade do intelectual galeguista  

Santiago, 15.05.2012.- Con motivo da Semana das Letras Galegas, a Televisión de Galicia emite esta sobremesa, ás 15.25h, a primeira parte do documental “Valentín Paz Andrade: Verbas e Feitos”, en que destacadas personalidades do mundo cultural analizan e destacan a rica personalidade do intelectual galeguista ao que a Real Academia Galega lle dedica este ano o Día das Letras. ler máis

“Engurras”, Mellor Longametraxe de Animación no Festival de Stuttgart

14/05/2012 19:22

“Engurras”, Mellor Longametraxe de Animación no Festival de Stuttgart

A película, participada pola TVG, impúxose onte nun dos certames máis importantes do mundo

Santiago, 14.05.2012.- A longametraxe de animación “Engurras” acaba de recoller un novo galardón internacional. Neste caso, esta película producida pola produtora galega Perro Verde e participada pola Televisión de Galicia impúxose onte na trinta edición do Festival de Animación de Stuttgart como a Mellor Película de Animación. ler máis

Programación cinematográfica especial da TVG na semana das Letras Galegas

14/05/2012 00:01

Programación cinematográfica especial da TVG na semana das Letras Galegas

A canle autonómica ofrecerá a estrea en televisión da película “18 Comidas”, unha das maiores sorpresas do cine galego dos últimos anos; e da tv-movie “Voltar á Casa”

 

Unha manchea de títulos do noso audiovisual inundará a grella durante estes días, entre os que se atopan tamén “O Ano da Carracha”, “Sinbad”, “O Club da Calceta” e “O Neno de Barro”

Santiago, 14.05.2012.- O cine galego máis destacado dos últimos anos será protagonista durante esta semana na TVG, que, con motivo do día dedicado ás nosas letras, programará unha ampla selección de títulos, entre os que se inclúe a estrea da tv-movie “Voltar á casa” e da película “18 Comidas”, unha das cintas galegas con máis éxito dos últimos tempos. ler máis

A TVG recibe esta semana en Suecia o maior premio da súa historia

13/05/2012 19:30

A TVG recibe esta semana en Suecia o maior premio da súa historia

A serie “Matalobos” será distinguida como a Mellor Ficción de Televisión en Europa

 

O galardón concederase o 17 de maio no marco da celebración do congreso anual das canles públicas europeas, agrupadas na asociación Circom 

 

A directora da Galega, Rosa Vilas, intervirá na sesión de apertura destas xornadas que reúnen profesionais de 26 países

Santiago, 13.05.2012.- Televisión de Galicia recibirá esta semana en Suecia o maior premio da historia da canle. A serie “Matalobos” foi escollida como a Mellor Ficción de Televisión en Europa entre preto de 200 producións procedentes de 23 países, que aspiraban a 10 categorías. A concesión do galardón realizarase o xoves, 17 de maio, nunha gala celebrada no marco do congreso anual das televisións públicas europeas, agrupadas na asociación Circom, e organizado pola canle sueca SVT. Neste senso, o evento será transmitido pola SVT, ás 19.00h, online, en alta definición. Esta é a primeira vez que a gala se poderá seguir en directo en todo o mundo. Tamén a CRTVG ofrecerá este acto pola súa web. ler máis

Jorquera sinala na Radio Galega que un adianto electoral en Galicia será "admitir" que o Goberno de Feijóo "está absolutamente esgotado"

13/05/2012 14:00

Jorquera sinala na Radio Galega que un adianto electoral en Galicia será "admitir" que o Goberno de Feijóo "está absolutamente esgotado"

 

Admite que a escisión de correntes "non foi boa" para o BNG pero asegura que o Bloque ten "enerxía para remontar esta situación"

 

 

 

  ler máis

Os medios públicos galegos celebran a Festa das Letras durante toda a semana cunha programación especial

12/05/2012 19:00

Os medios públicos galegos celebran a Festa das Letras durante toda a semana cunha programación especial

Documentais, cinema galego, música e programas especiais, para conmemorar o 50 aniversario das Letras Galegas e o ano de Paz Andrade

 

A TVG achega a estrea en televisión de “18 Comidas”, unha das longametraxes galegas con máis éxito dos últimos tempos

 

A Radio Galega e a web da CRTVG ofrecen tamén unha especial atención á efeméride

Santiago, 12.05.2012.- Os medios públicos galegos achegarán durante toda esta semana unha programación especial para celebrar o Día das Letras Galegas, efeméride que nesta edición está dedicada a Valentín Paz Andrade (Pontevedra, 1898- Vigo, 1987) e da que se conmemora ademais o seu cincuenta aniversario. ler máis

Continúa a emoción da Liga Adelante na tvG2, este sábado co Numancia-Deportivo

11/05/2012 15:34

Continúa a emoción da Liga Adelante na tvG2, este sábado co Numancia-Deportivo

De seguido, un amplo resumo do outro equipo galego na loita polo ascenso Celta-Alcorcón

Santiago, 11.05.2012.-    Unha fin de semana máis a emoción da liga Adelante de fútbol vivirase en directo, ás 18.00h, na segunda canle da Televisión de Galicia, a tvG2. O líder da clasificación, o Deportivo, viaxa a terras sorianas para enfrontarse ante o Numancia.

Desde o estadio de Los Pajaritos Sergio Delpont e Manuel Canabal transmitiranlles aos espectadores un encontro importante para o equipo galego, xa que se acada a vitoria o equipo coruñés mantería esa diferenza co resto dos equipos que marcan a liña entre o ascenso directo e os play off.

De seguido, ás 20.00h, o outro grande da Liga Adelante, o Celta será o protagonista. Os seguidores celestes poderán ver un amplo resumo do partido Celta-Alcorcón. Gustavo Varela contaralles todo canto aconteceu no terreo de xogo durante os 90 minutos do encontro.  

Os domingos os seguidores do fútbol volven ter unha cita co programa deportivo “A Liga das Cidades” e coma sempre os protagonistas serán os equipos galegos de 2ªB e 3ª división. Nesta xornada, a partir das 18.00h, ofrecerase o Coruxo-Albacete amais de conexións co Toledo-Lugo; La Roda-Celta B e Rácing de Ferrol-Alondras.

Transmisións Web
A páxina web da CRTVG, www.crtvg.es/deportes, ofrecerá o sábado hóckey a patíns co partido da Liga OK Liceo-Reus (20.00h) e, o domingo, o encontro de 2ªB de fútbol Coruxo-Albacete (18.00h) e o partido de baloncesto, correspondente á fase de ascenso da Liga Adecco Ouro entre o Breogán-Menorca (18.00h) ler máis

O concerto do 30º aniversario de Os Resentidos, este sábado en directo en Radio Galega Música

11/05/2012 12:08

O concerto do 30º aniversario de Os Resentidos, este sábado en directo en Radio Galega Música

O recital, que terá lugar no recinto de Expourense, ofrecerase desde as 23.00 ata as 01.00 h

 

Baixo o título “A tribo toda baila”, a banda galega volverá subir aos escenarios 18 anos despois da súa última actuación

Santiago, 11.05.2012.-      Os Resentidos, unha das bandas máis importantes da historia do rock galego, celebran este sábado o seu 30º aniversario cun único concerto no recinto feiral de Expourense, que será transmitido en directo por Radio Galega Música desde as 23.00 ata as 01.00 h e que supón unha oportunidade irrepetible de gozar ao vivo cun grupo que marcou toda unha xeración. ler máis