Oscars, un novo blog desta web para os amantes do espectáculo do cinema
Este apartado incorpora informacións relativas aos premios cinematográficos de maior proxección internacional e convida á participación dos internautas.
Santiago, 19.02.2012.- A páxina web da CRTVG abre unha nova canle para a interacción cos seus usuarios, o blog Oscars. Con esta iniciativa, os amantes do espectáculo do cinema e os fieis seguidores de todo o proceso que require cada ano a celebración dos prestixiosos premios Óscar, dispoñen agora dunha fiestra aberta á análise, á crítica, á información e á participación dos internautas
Este apartado interactivo, accesible en http://www.crtvg.es/crtvg/blogs/oscar-2012, incorpora ademais todas as informacións relacionadas con esta temática; desde a listaxe coas candidaturas, pasando por entrevistas e declaracións de directores e dalgunhas das estrelas máis representativas da sétima arte, ata o sistema de votación ou as curiosidades máis salientables da 84 edición dos Óscar, co obxectivo de que os lectores poidan deixar os seus comentarios.
Ademais de Oscars, a sección de blogs da CRTVG na web dos medios públicos ten a disposición dos usuarios, Cuestión de cartos e Miudiño audiovisual.
