CRTVG VIVA
Programas TVGMúsica ao vivo, a aposta do novo programa da tvG2 "Enrede"
Neste primeiro programa, concerto de Miki Nervio & the bluesmakers
Santiago, 18.01.2012.- A segunda canle da Televisión de Galicia, a tvG2 estrea esta noite, ás 23.30h, o programa de música “Enrede”, producido por Casa de Tolos. Un espazo onde os protagonistas serán os grupos e as salas pertencentes á Rede Galega de Música ao Vivo. ler máis
TVG estrea "Grandes Lugares", na busca das pequenas historias de cada día
Este novo programa será unha ollada, optimista e orixinal, a dúas poboacións galegas que falan por si mesmas: hoxe, en Bares e As Ermitas
Santiago, 18.01.2012.- Para dar a coñecer pequenos lugares de Galicia que son “Grandes lugares” porque agochan historias e tesouros de cada día, grazas á súa xente, costumes, iniciativas e usos sociais, a TVG estrea esta noite o docusoap “Grandes Lugares”, un programa de entretemento de 50 minutos, que pretende amosar, desde un punto de vista optimista e particular, a historia afectiva e social de dúas poboacións galegas con moito para contar. Hoxe serán Bares e As Ermitas. ler máis
"Cada Día Un Libro" sitúa nun 27% a súa cota de pantalla en 2011
Este microespazo é un altofalante das obras literarias e dos creadores galegos
Santiago, 15.01.2012.- “Cada Día Un Libro” está a situar a súa audiencia no que vai de ano nun 27% de cota de pantalla. Nuns tempos de forte competencia e diversificación de canles, cómpre salientar este excelente dato xa que reflicte amais o apoio e aposta tanto da canle pública galega coma dos espectadores pola cultura. ler máis
O humor de “Era visto!”, comedia á galega, regresa hoxe con novas historias dun pai de familia en apuros
Moncho, un home optimista e desbordado, volverá contar as súas penas diante da cámara, esta vez o sábado á noite
Santiago, 14.01.2012.- A aposta da TVG polo humor á galega poténciase co regreso da segunda tempada de “Era visto!”, un xeito diferente de achegar ao público unha comedia familiar alternativa á ficción tradicional, en que prima o humor verbal dos personaxes orixinais do universo rural galego. O protagonista é un pai de familia, Moncho (Federico Pérez), un home optimista, casado e cun fillo, que vive nunha difusa zona rural, nun chalé solitario e a medio facer ao pé dunha estrada comarcal, que se confesa diante da cámara. ler máis
Boa acollida de audiencia de "Tourilandia", o novo espazo de humor de Xosé A. Touriñán
Na súa estrea, o programa superou por momentos a competencia do partido do Barcelona e acadou unha audiencia media do 13,2%
David Vidal, convidado estelar do espazo, acadou o nível de “trending topic” (tema de moda) na rede social Twitter
Santiago, 13.01.2012.- O público galego deulle este xoves unha boa benvida a “Tourilandia”, o novo show da noite dos xoves na Televisión de Galicia, ofrecéndolle unha cota de pantalla do 13,2% ao longo das súas máis de dúas horas de humor e espectáculo, segundo se desprende dos datos de audimetría de Kantar Media. O programa conducido por Xosé A. Touriñán estreouse cunha audiencia media de 144.000 espectadores na comunidade autónoma, sendo así un dos programas máis seguidos da noite. ler máis
“Casamos!" presenta este sábado as novas historias de amor e superación, coas vodas máis románticas, divertidas e sorprendentes
Nesta segunda tempada, o programa segue a vida de parellas que amosan as súas ilusións e dificultades
Esta semana, María Rosa e Raúl casan grazas ao programa “Pensando en ti”, da Radio Galega
Santiago, 13.01.2012.- Para o entretemento de toda a familia, a TVG vístese de gala para presentar as novas historias de amor que amosará a partir deste sábado na segunda tempada de “Casamos!”. Nela incorpora máis parellas e máis vodas arredor das situacións máis románticas, divertidas e de superación que poidamos imaxinar. ler máis
A TVG estrea esta noite "Tourilandia", o novo programa de humor e entretemento presentado por Xosé A. Touriñán
O carismático adestrador David Vidal e o elenco de actores da obra teatral “O florido pénsil” serán protagonistas na primeira entrega deste espectáculo, que se caracterizará pola comicidade, a participación do público e o factor sorpresa
Santiago, 12.01.2012.- Os amantes do mellor humor feito en Galicia teñen desde hoxe unha cita ineludible cada xoves á noite coa TVG, que estrea “Tourilandia”, un espectáculo que se caracterizará pola comicidade, a participación do público e o factor sorpresa. A nova proposta da canle pública chega avalada por un equipo de guionistas e actores galegos de primeira fila que converterán cada edición en todo un espectáculo. Á fronte de todos eles, Xosé A. Touriñán, o que fora un dos integrantes de Mucha e Nucha, entre os moitos papeis cómicos que o coñecido actor leva desenvolvido no transcurso da súa aplaudida carreira artística. Touriñán, presentador e director deste novo programa, estará acompañado por actores de longa traxectoria no mundo do humor, como Federico Pérez, Isi, Isabel Risco, Iria Sobrado e Marcos Pereiro, que cada semana darán vida a distintos personaxes. ler máis
As series "Escoba!" e "Libro de Familia" fixeron a TVG líder de audiencia no prime time do domingo
Con cotas de pantalla do 14,8% e do 16% respectivamente, ambas as dúas situáronse por riba dos 170.000 espectadores de audiencia media
A Galega conseguiu uns excelentes resultados de audiencia durante toda a fin de semana e foi a autonómica máis vista o venres, o sábado e o domingo
Santiago, 09.01.2012.- A aposta da TVG pola ficción propia galega e polo talento do país segue a verse recompensada co favor da audiencia, que onte fixo líder a Televisión de Galicia no prime time, cunha cota de pantalla do 14,6% -empatada con TVE1-. Nesta faixa de máximo consumo televisivo, a canle autonómica ofreceu este domingo novos episodios das series “Escoba!”, a nova aposta polo humor galego; e “Libro de Familia”, todo un clásico na grella que leva máis dun lustro seducindo o público. Ambas as dúas emisións situáronse por riba dos 170.000 espectadores de audiencia media. ler máis
"Tourilandia" sorprenderá co seu propio concurso de novos talentos
O espazo de humor, que a TVG estrea o próximo xoves á noite, inclúe seccións variadas, en que a diversión será o denominador común
Xose A. Touriñán estará arroupado pola comicidade de Federico Pérez, Isi, Isabel Risco, Iria Sobrado e Marcos Pereiro
Santiago, 08.01.2012.- Dúas horas de espectáculo e diversión. Así promete ser cada unha das entregas do novo espazo de humor da Galega para os xoves á noite. “Tourilandia”, cuxa estrea terá lugar o próximo día 12 de xaneiro, inclúe variadas seccións, coa participación de recoñecidos colaboradores fixos, e un concurso de novos talentos, en que persoas anónimas poderán exhibir todo tipo de habilidades dificilmente catalogables. ler máis
A Galega despide o ano coa gala "A Fin do Mundo?", entre música, humor e as "predicións de 2012"
Presentado por Xosé Ramón Gayoso e Lucía Pérez, este especial ofrecerá as "Badaladas" desde a Berenguela, na Praza da Quintana, en Santiago
Marta Sánchez, Ana Torroja, Fangoria, Lucrecia, Melendi, Mercedes Peón, Leilía e orquestras galegas axudarán a gozar da última noite do ano
Antes de despedir o ano, a TVG ofrece en “A Gran Familia” os momentos máis inesquecibles, tenros e divertidos da programación neste 2011
“Reporteiros” pecha o ano cun resumo especial das noticias máis importantes
Santiago, 31.12.2011.- Cando chega a fin do ano, moitos ditos, predicamentos e tópicos póñense a proba para saber se se cren a ciencia cega: o da saúde, o diñeiro e logo o amor; se a vida vai ser igual ou que vai pasar coa humanidade..., son algunhas das cuestións ás que intentará responder a gala especial “A Fin do Mundo?” (22.00h), que presentan Xosé Ramón Gayoso e Lucía Pérez para acompañar os galegos na noite máis longa do ano en que se despide 2011. ler máis
Entradas anteriores