CRTVG VIVA

Programación TVG

O mundo académico da comunicación expresou en Tarragona o seu pleno apoio ao servizo público das radios e televisións

20/01/2012 20:15

O mundo académico da comunicación expresou en Tarragona o seu pleno apoio ao servizo público das radios e televisións

O congreso da Asociación Española de Investigación de la Comunicación reivindicou o papel das canles autonómicas como elementos necesarios para protexer a diversidade cultural e a democracia

Nunha mesa redonda cos responsables das cadeas máis consolidadas, a directora da TVG incidiu na aceptación social da Galega, no seu baixo custo, nas súas contas saneadas e no seu gran pulo á lingua e á industria audiovisual

Santiago, 20.01.2012.- A Asociación Española de Investigación de la Comunicación (AEIC), reunida hoxe en Tarragona con motivo do seu III Congreso de la Universitat Rovira i Virgili, manifestou o seu pleno apoio á permanencia e desenvolvemento do sistema de Servizo Público de Radio e Televisión, tanto de RTVE coma das canles públicas autonómicas agrupadas na FORTA -Federación de Organismos de Radio e Televisión Autonómicas-. A AEIC fixo estas declaracións tras desenvolverse unha sesión plenaria dedicada ás televisións autonómicas, en que participaron os/as responsables de Canal Sur, Euskal Telebista, TV3 (Cataluña) e Televisión de Galicia. ler máis