CRTVG VIVA

Eleccións2011

A TVG lidera a xornada electoral do 22-M, cun 27,3% no prime time do día

23/05/2011 23:00

A TVG lidera a xornada electoral do 22-M, cun 27,3% no prime time do día

 

En concreto, o programa "ESPECIAL ELECCIÓNS" foi visto por 1.225.000 espectadores, o 46% da poboación galega

A nova web da CRTVG incrementou o número de visitas ata acadar a noite electoral un total de 42.189

 

  ler máis

Os medios públicos galegos mobilizan hoxe 300 profesionais para a cobertura da xornada electoral

  • 5
22/05/2011 11:29

Os medios públicos galegos mobilizan hoxe 300 profesionais para a cobertura da xornada electoral

 

Ás oito da tarde TVG e a Radio Galega ofrecerán unha sondaxe de intención de voto realizada a pé de urna nas sete cidades galegas e en grandes capitais españolas

Seguimento ao longo do día e programas especiais ao peche dos colexios electorais marcarán a oferta informativa, que se complementa cunha canle específica na web da CRTVG

 

  ler máis

A TVG pon en marcha un novo control de realización dotado das últimas tecnoloxías, coincidindo coas eleccións

20/05/2011 18:30

A TVG pon en marcha un novo control de realización dotado das últimas tecnoloxías, coincidindo coas eleccións

O meirande estudio da sede da Galega en San Marcos renova completamente as súas infraestruturas de produción, tras un investimento de 2 millóns de euros

As novas dotacións, adquiridas con cargo a orzamentos de varios exercicios, permiten adaptar á canle ás esixencias técnicas da televisión actual, como a alta definición

Ademais a Televisión de Galicia instalou elementos técnicos específicos para a cobertura da noite electoral, incluíndo a área de traballo dun equipo de especialistas na xeración de infográficos

Santiago, 20.05.2011.-  As eleccións municipais e autonómicas deste domingo non só supoñen un reto informativo para a Televisión de Galicia, senón tamén un reto tecnolóxico. Coincidindo coa xornada electoral, a canle pública vai por en funcionamento un grande cambio tecnolóxico coa renovación completa das súas infraestruturas de produción no meirande estudio da sede central de San Marcos, o número 5, e en especial a súa nova sala de control. ler máis

Televisión de Galicia converte un estudio de 500 m2 no centro neurálxico informativo do 22-M

19/05/2011 18:54

Televisión de Galicia converte un estudio de 500 m2 no centro neurálxico informativo do 22-M

Os medios públicos galegos ultiman os preparativos para a cobertura electoral.

Desde as 09.00h, a TVG e a Radio Galega ofrecerán unha programación especial de seguimento da xornada, tanto en Galicia coma no resto de España.

Mañá, venres, a Galega e a emisora pública ofrecerán á noite respectivos espazos de Peche de Campaña.

 

Santiago, 19.05.2011.- Os medios públicos galegos están a ultimar os preparativos para a cobertura electoral do 22-M, cun amplo operativo técnico e humano na Televisión de Galicia e na Radio Galega. Ademais de dispor dun completo despregamento que cubrirá practicamente todo o territorio galego, no caso da TVG será tamén importante o escenario desde o que se realizará o "PROGRAMA ESPECIAL ELECCIÓNS", para achegar os resultados electorais definitivos, análises de escrutinios e primeiras reaccións. ler máis