CRTVG VIVA

Diario Cultural

Un total de 51 orixinais concorren ao VI Premio Diario Cultural de Teatro Radiofónico

22/01/2012 00:01

Un total de 51 orixinais concorren ao VI Premio Diario Cultural de Teatro Radiofónico

Rematou o prazo para a presentación de obras a esta nova edición, que promove o programa cultural da Radio Galega e o Centro Dramático Galego co patrocinio da Agadic.

Evaristo Calvo, Xosé Manuel Pacho Blanco, Roberto Taboada, Camilo Franco, Gloria Ferreiro e Ana Romaní integran o xurado.

Os usuarios da web Fervenzas Literarias distinguiron, entre os Mellores Libros de 2011, a publicación “V Premio Diario Cultural de Teatro Radiofónico” e o programa “Diario Cultural” da Radio Galega, na categoría de Mellor Medio de Comunicación.

Santiago, 22.01.2012.- Un total de 51 orixinais concorren á sexta edición do Premio Diario Cultural de Teatro Radiofónico que abre agora un período de selección de obras finalistas. Evaristo Calvo dirixirá a adaptación radiofónica das obras finalistas que se emitirán no mes de marzo nos distintos programas da Radio Galega. ler máis