CRTVG Viva

Audiencia TVG

A TVG acadou entre febreiro e marzo unha cota de pantalla do 15,8%, segundo a primeira onda do ano do EGM

  • 5
11/04/2012 19:37

A TVG acadou entre febreiro e marzo unha cota de pantalla do 15,8%, segundo a primeira onda do ano do EGM

O Estudio General de Medios adxudícalle á Galega un incremento do 26,4% con respecto ao período anterior e do 17% en relación á mesma época do ano pasado


Tanto no conxunto do día coma no prime time, destacan especialmente as audiencias da fin de semana

Santiago, 11.04.2012.- Segundo os datos do Estudio General de Medios (EGM), a Televisión de Galicia incrementou a súa audiencia na primeira onda do ano (febreiro-marzo de 2012) en 3,3 puntos e nun 26,4% con respecto á última onda de 2011 (outubro-novembro). O último informe do EGM adxudícalle á canle autonómica galega unha cota de pantalla do 15,8% de luns a domingo, un dato que supón tamén un crecemento en relación ao mesmo período do ano anterior, neste caso de 2,3 puntos, un 17% máis. ler máis