CRTVG VIVA

Novas TVG

TVG será a próxima anfitrioa do Congreso Anual das televisións públicas rexionais de Europa

19/05/2012 00:01

TVG será a próxima anfitrioa do Congreso Anual das televisións públicas rexionais de Europa

A decisión foi tomada no Comité Europeo de Circom, formado por representantes de 25 países e do Parlamento Europeo


O director de Comunicación da CRTVG foi nomeado amais vicepresidente da institución e membro do seu Comité Executivo, órgano que xestiona a asociación 

Santiago, 19.05.2012.- Televisión de Galicia será a próxima anfitrioa para a organización do Congreso Anual das televisións públicas rexionais europeas, agrupadas arredor da asociación Circom. A decisión foi tomada no Comité Europeo de Circom, formado por representantes de 25 países e o Parlamento Europeo, e fíxose pública ao remate do cumio. ler máis

TVG recolleu en Suecia o premio á Mellor Ficción Europea por "Matalobos"

18/05/2012 13:00

TVG recolleu en Suecia o premio á Mellor Ficción Europea por "Matalobos"

O prestixioso galardón foi concedido no transcurso dunha gala pola asociación Circom, que agrupa a 269 televisións públicas rexionais de Europa

Trátase do recoñecemento máis importante recibido pola canle autonómica na súa historia

O xurado escolleu esta produción da Galega por ter “todos os ingredientes dunha excelente produción: ben escrita, dirixida, editada e actuada”

Santiago, 18.05.2012.- Televisión de Galicia obtivo onte na cidade sueca de Malmö o maior galardón recibido pola canle autonómica galega en toda a súa historia. No transcurso dunha gala, celebrada no marco do Congreso Anual de Circom, asociación que agrupa a 269 televisións públicas rexionais de toda Europa, a directora da TVG, Rosa Vilas, recolleu o prestixioso premio Prix Circom á mellor ficción europea por “Matalobos”, serie producida por Voz Audiovisual e ambientada na loita entre clans de narcotraficantes. ler máis

A TVG transmite este sábado a gran final da Champions League, Bayern de Múnic-Chelsea, en directo e en exclusiva en galego

18/05/2012 00:05

A TVG transmite este sábado a gran final da Champions League, Bayern de Múnic-Chelsea, en directo e en exclusiva en galego

Previo á gran final europea, o partido Celta- Alcoiano, na pugna polo ascenso á Primeira

Santiago, 18.05.2012.- A xornada do sábado na TVG preséntase para os espectadores galegos moi futbolística. Ás 19.55h chega a agardada final da Champions League, o partido entre o Bayern de Múnic e Chelsea. Desde o estadio Allianz Arena de Múnic, coa narración de Xosé Manuel Moldes e os comentarios de Fernando Vázquez e Luís Timiraos, a final será máis emocionante ca nunca, con dous equipos en liza que amosaron ser os potentes de Europa e cos alemáns xogando na casa como unha experiencia irrepetible. ler máis

As televisións públicas rexionais de Europa defenden o servizo que prestan ao cidadán e apostan por aumentar a cooperación entre elas

17/05/2012 23:30

As televisións públicas rexionais de Europa defenden o servizo que prestan ao cidadán e apostan por aumentar a cooperación entre elas

No Congreso Anual de Circom, a directora de TVG, Rosa Vilas, subliñou a necesidade da abordar unha renovación tecnolóxica e aumentar a produtividade

Directivos de varios países amosan que comparten problemas semellantes, aínda que con distinta intensidade, e prestan grande atención ao fenómeno da TV en mobilidade

 “A colaboración que ofrece unha organización como Circom é un apoio forte para lexitimar desde unha perspectiva europea o que facemos a nivel local”, sinalou Vilas

Santiago, 17.05.2012.- A directora da Televisión de Galicia, Rosa Vilas participou hoxe na sesión de apertura do Congreso Anual das televisións públicas rexionais europeas, agrupadas arredor da asociación Circom, que se celebra na cidade sueca de Malmö. Neste acto, a máxima responsable da canle pública galega compartiu escena co presidente de Circom, o belga Jacques Briquemont, e responsables das televisións públicas de Suecia, Grecia, Holanda e Italia.  ler máis

"O Clan dos Impostores" amosa ata onde son capaces de chegar os famosos para acadar os obxectivos dun reto

17/05/2012 00:02

"O Clan dos Impostores" amosa ata onde son capaces de chegar os famosos para acadar os obxectivos dun reto

O artista convidado para integrar o xurado esta noite é Coyote Dax

Santiago, 17.05.2012.- Os impostores son personaxes coñecidos para o público galego pero que agora forman un clan capaz de afrontar calquera reto que lles presenten os cidadáns galegos, ante un xurado moi esixente e o veredicto do público presente. Estes cinco galegos, Óscar Pereiro (ciclista), María Mera (actriz), Pili Pampín (cantante), Xacobe Pérez (humorista) e Lito (líder da orquestra Panorama), visitarán lugares de toda Galicia para vivir, durante unha xornada, unha experiencia singular ou unha misión que parece imposible. O artista convidado especial desta noite destinado a integrar o xurado é Coyote Dax. ler máis

A Galega ofrece un especial de “ZigZag Diario” cun percorrido polas facetas literaria, xornalística e empresarial de Valentín Paz Andrade

17/05/2012 00:01

A Galega ofrece un especial de “ZigZag Diario” cun percorrido polas facetas literaria, xornalística e empresarial de Valentín Paz Andrade

Na sobremesa, intelectuais e personalidades como, entre outros, Xosé Luís Méndez Ferrín, Ramón Villares, Víctor F. Freixanes e o seu propio fillo, explicarán a contribución ao sentimento de galeguidade do homenaxeado no Día das Letras Galegas

Santiago, 17.05.2012.- O espazo cultural “ZigZag Diario” ofrecerá este 17 de maio, data da celebración das Letras Galegas, unha edición especial en que se trazará un percorrido vital do escritor, xornalista, político, xurista e empresario Valentín Paz Andrade. ler máis

A TVG recollerá mañá en Suecia o premio á mellor ficción europea pola serie "Matalobos"

16/05/2012 15:14

A TVG recollerá mañá en Suecia o premio á mellor ficción europea pola serie "Matalobos"

O xurado escolleu esta produción da Galega por ter “todos os ingredientes dunha excelente produción: ben escrita, dirixida, editada e actuada”

Trátase do maior galardón recibido pola canle autonómica na súa historia

Os premios Circom entregaranse este xoves 17 de maio nunha gala que se celebra no marco do Congreso Anual das canles públicas europeas

Santiago, 16.05.2012.- A Televisión de Galicia recollerá mañá na cidade sueca de Malmö o prestixioso premio Prix Circom á mellor ficción europea por “Matalobos”, a serie producida  por Voz Audiovisual e ambientada na loita entre clans de narcotraficantes. ler máis

A Galega estrea esta noite, en primicia en televisión, “18 Comidas”

16/05/2012 00:02

A Galega estrea esta noite, en primicia en televisión, “18 Comidas”

A longametraxe, participada pola TVG, achega historias e anacos de vida que se desenvolven sempre arredor das comidas


Dirixida por Jorge Coira conta cunha ampla presenza de actores galegos, como Luís Tosar, Antonio Mourelos, Camila Bossa e Federico Pérez, entre outros

Santiago, 16.05.2012.- Con motivo da Semana das Letras Galegas, a Televisión de Galicia ofrece unha serie de estreas cinematográficas con selo galego. Esta noite, despois de “Galegos no Mundo”, ás 23.45h, estréase en primicia en televisión “18 Comidas”, película de Jorge Coira participada pola Galega. Unha longametraxe que conta no seu amplo reparto cunha presenza maioritaria de actores galegos como Luís Tosar, Federico Pérez, Víctor Fábregas, Pedro Alonso, Camila Bossa, José Barato, Isabel Naveira e Antonio Mourelos, entre outros. ler máis

A TVG ofrece este serán Deportivo– As Palmas, na pugna polo ascenso á Primeira División

16/05/2012 00:01

A TVG ofrece este serán Deportivo– As Palmas, na pugna polo ascenso á Primeira División

Ás 19.55h, en directo, narrado por Sergio Delpont, cos comentarios de Manuel Canabal e Patricia Rodríguez

Santiago, 16.05.2012.- De xeito excepcional esta semana, importantes transmisións deportivas trasládanse ás emisións da primeira canle da Televisión de Galicia. Os dous equipos galegos, o Deportivo e o Celta, que pugnan polo ascenso á Primeira División, xogarán en directo, os seus respectivos encontros, na TVG. A primeira quenda será hoxe para o Deportivo, mentres que o Celta xogará o sábado antes doutro grande evento do fútbol, a final da Liga de Campións. ler máis

A Galega ofrece esta sobremesa o documental "Valentín Paz Andrade: Verbas e Feitos"

15/05/2012 00:01

A Galega ofrece esta sobremesa o documental "Valentín Paz Andrade: Verbas e Feitos"

Primeira de dúas entregas, en que destacadas personalidades do mundo da cultura analizan e destacan a rica personalidade do intelectual galeguista  

Santiago, 15.05.2012.- Con motivo da Semana das Letras Galegas, a Televisión de Galicia emite esta sobremesa, ás 15.25h, a primeira parte do documental “Valentín Paz Andrade: Verbas e Feitos”, en que destacadas personalidades do mundo cultural analizan e destacan a rica personalidade do intelectual galeguista ao que a Real Academia Galega lle dedica este ano o Día das Letras. ler máis