“Bamboleo” e “Onde Vai a Xente”, as dúas propostas da Galega para que pasen un sábado con música, espectáculo e con pequenas historias de cada día

30/06/2012 00:01
“Bamboleo” e “Onde Vai a Xente”, as dúas propostas da Galega para que pasen un sábado con música, espectáculo e con pequenas historias de cada día

O programa que presenta Xosé Manuel Piñeiro celebra o verán coa música de Javi Cantero

Por outro lado, ás 15.45, Alfonso Tellado lánzase á aventura de seguir a Orquestra Panorama e o fenómeno incondicional dos seus "fans"

Santiago, 30.06.2012.-    Para este sábado, último día de xuño, a Televisión de Galicia proponlle aos espectadores galegos que gocen, por un lado, da música e do espectáculo que ofrece o programa “Bamboleo”, presentado por Xosé Manuel Piñeiro e por outro, os que desexen estar conectados á realidade e escoitar as pequenas historias de cada día, a canle autonómica galega emite, ás 15.45, “Onde Vai a Xente” con Alfonso Tellado á fronte e percorrendo Galicia para coñecer os aspectos e costumes máis característicos da súa xente e os seus lugares.

Coa premisa de pasalo ben durante dúas horas de música, acción e concursos para todos, “Bamboleo” recibe hoxe o cantante Javi Cantero, Sabela e a orquestra La Bámbola.

Entre música e conversas, o presentador introducirá o ambiente de verán preguntando por aqueles xogos que ocupaban a nosa infancia e facendo unha adaptación con Javi Cantero, fixindo un “furancho”, do seu mítico tema “Cuanto máis acelero”. O Bamboleo potenciará unha das súas bazas máis fortes, os concursos e as seccións máis divertidas para conseguir a implicación do público. Así, coñecerán unha nova parella que pedirá unha “Canción de amor” para recordar a súa historia particular; o concurso “Dirtidansi”, en que avós e netos compiten por ver quen é máis crack; “Faino ti”, en que as parellas se intercambian as tarefas domésticas; “Agora ou nunca” para dar a alternativa a un artista descoñecido, e a “ITV do amor”, onde teñen que adiviñar cal é a súa verdadeira parella.

Onde Vai Xente
Pisando o terreo coma un personaxe máis, Alfonso Tellado intentará saber hoxe de que vai iso da ruta dos “fans” da Panorama, que ten ver loxicamente con que se hai algo que triunfa en Galicia son as orquestras, que son das mellores do mundo e mobilizan a todo tipo de persoas.

O retranqueiro lánzase á aventura de percorrer coa orquestra Panorama as vilas e festas galegas polo ancho e longo de toda Galicia, vivindo como un auténtico “groupie”, en tempo real, unha das moitas xornadas de traballo e ensaio que teñen os distintos compoñentes desta mítica formación musical e asistindo aos fenómeno único das súas seguidoras incondicionais.

Galería de imaxes

Compartir en Facebook
Valoración