A TVG colabora coa celebración do Festival da Luz, evento solidario que reúne en Boimorto preto dunha trintena de artistas

20/09/2012 00:00
A TVG colabora coa celebración do Festival da Luz, evento solidario que reúne en Boimorto preto dunha trintena de artistas

Santiago, 20.09.2012.- Televisión de Galicia colabora coa celebración do Festival da Luz, evento solidario que se desenvolverá esta próxima fin de semana en Boimorto e onde se reunirán preto dunha trintena de artistas de mérito internacional. Este certame é unha experiencia multidisciplinar, en que a artista Luz Casal, na súa vila natal, intervén como anfitrioa co gallo de recadar fondos para a loita contra o cancro.

Durante o sábado (22 de setembro) e o domingo, o Festival da Luz converterá Boimorto nunha das citas culturais máis atractivas do ano, onde terán cabida actividades de todo tipo dirixidas ao público de todas as idades, ademais de contar cunha representación da mellor gastronomía de Galicia e servir de plataforma que apoie as iniciativas produtivas que innovan e favorecen o desenvolvemento socioeconómico do medio rural.

No que se refire ás actuacións musicais, o Festival da Luz contará cun amplo cartel de calidade no que intervirán Manolo García, Eladio y los Seres Queridos, Vega, Chris Barron (ex Spin Doctors), Eme Dj, Rosendo, Dover, Novedades Carminha, Luar na Lubre, e Christina Rosenvinge, entre outros moitos.

Compartir en Facebook
Valoración