"A Tropa de Trapo" obtén o premio á Mellor Orquestración no X Garden State Film Festival

08/02/2012 13:00
"A Tropa de Trapo" obtén o premio á Mellor Orquestración no X Garden State Film Festival

Participada pola Televisión de Galicia, foi a primeira longametraxe realizada en España coa técnica de animación en 3D esteoroscópico.

Santiago, 08.02.2012.- A banda sonora de “A Tropa de Trapo no país onde sempre brilla o sol”, a primeira longametraxe española de animación en 3D esteoroscópico que conta amais coa participación da Televisión de Galicia, vén de gañar o Premio Internacional á Mellor Orquestración na Competición de Música para Cinema do 10º Garden State Film Festival, en Nova Jersey (EUA). O festival desenvolverase entre o 22 e o 24 de marzo do presente ano.

Este recoñecemento á banda sonora, que está composta por Zeltia Montes, vense  sumar aos xa obtidos no Festival de Música de Cine do Festival Internacional de Utah (EUA), no VII Festival de Música de Cine Ciudade de Úbeda, e á candidatura dos Hollywood Music in Media Awards.

Dirixida por Álex Colls, "A Tropa de Trapo" está orientada a rapaces de 3 e 7 anos, aos que o filme lles ofrece a oportunidade de aprender e consolidar valores importantes para aceptarse e quererse tal e como son, a través das aventuras de Mumu, Rita, Milo, Talalo, Olga e Alfred, un grupo de simpáticas mascotas de trapo.

"A Tropa de Trapo no país onde sempre brilla o sol" é unha coprodución de Abano Producións, Anera Films, Continental e  TVG, que tamén acadou o Premio Gaudí á Mellor Longametraxe de Animación e foi candidata ao Premios Goya. O seu grande éxito fixo que se realizase unha serie de debuxos animados baseada na película, que se está a emitir na segunda canle da TVG.   

Compartir en Facebook
Valoración