A CRTVG acaba de crear un perfil na rede social Pinterest para compartir de xeito visual e atractivo os contidos dos medios públicos

10/09/2012 09:42
A CRTVG acaba de crear un perfil na rede social Pinterest para compartir de xeito visual e atractivo os contidos dos medios públicos

A Radio Galega vén de unirse amais a SoundCloud, unha plataforma onde os usuarios da internet poden acceder a toda a súa programación

 


Santiago, 10.09.2012.-       A CRTVG ten xa unha maior presenza na internet ao formar parte de dous novos sitios: Pinterest e SoundCloud. O ente público galego acaba de crear senllos perfís para poder compartir con usuarios de todo o mundo os seus contidos.

No enderezo http://pinterest.com/crtvg, perfil creado en Pinterest, a rede social de moda, os usuarios poden atopar dun xeito visual e atractivo ligazóns, imaxes e vídeos que lles gusten e expoñelos e intercambialos co seu círculo social. Así, os internautas poden atopar entre os seus "boards" ou taboleiros, os programas e as series da Televisión de Galicia, as coproducións ou películas en que colabora a CRTVG, imaxes do emblemático "Xabarín Club" e as vodas do programa "Casamos! A historia de amor de...".

Compartir en Facebook
Valoración