A cerimonia de entrega das Medallas Castelao, transmitida en directo
Santiago, 27.06.2012.- A Televisión de Galicia transmitirá en directo este xoves ás 13:00, dentro do programa “A Revista”, o acto de entrega das Medallas Castelao 2012, que terá lugar na Igrexa de San Domingos de Bonaval. Uns galadóns que outorga a Xunta de Galicia para distinguir os galegos cunha obra merecente de recoñecemento no ámbito artístico, literario ou en calquera outra faceta da actividade humana. As medallas entréganse o día en que se conmemora o retorno a Galicia dos restos mortais de Castelao, o pai do galeguismo moderno.
Os premiados na edición deste ano das Medallas Castelao son: a ex - conselleira, Manuela López Besteiro; o maxistrado, Román García Varela; o doutor, Federico Martinón Sánchez; o adestrador, Arsenio Iglesias e o futbolista, Michel Salgado.
As medallas Castelao creáronse en 1984 para distinguir a "autores/as dunha obra merecedora do recoñecemento do seu pobo en calquera faceta da actividade humana". En anteriores edicións foron distinguidos, entre outros, Camilo José Cela, Ánxel Fole, Kina Fernández, María Casares e Amancio Ortega.
