CRTVG VIVA

A CRTVG dá por concluído o seu proceso de saneamento financeiro

22/02/2012

A CRTVG dá por concluído o seu proceso de saneamento financeiro

Nos tres últimos exercicios, acadou unha redución de 28 millóns de euros na súa débeda, que se sitúa ao peche de 2011 en 3 millóns de euros.
 
O director xeral do ente público, Alfonso Sánchez Izquierdo, expresou no Parlamento que “na práctica a política de endebedamento é agora inexistente”.

Santiago, 22.02.2012.- A CRTVG deu por concluído o seu proceso de saneamento financeiro, segundo sinalou esta mañá no Parlamento, na Comisión de Control da CRTVG, o director xeral do ente público, Alfonso Sánchez Izquierdo, quen tamén destacou unha redución do endebedamento, en valores absolutos, de 28,7 millóns de euros nos últimos tres exercicios, o que representa unha caída de débeda do 88%. ler máis

O Olympique Marsella-Inter de Milán, novo asalto da Champions League, na TVG, en directo e exclusiva

22/02/2012

O Olympique Marsella-Inter de Milán, novo asalto da Champions League, na TVG, en directo e exclusiva

Santiago, 22.02.2012.- Con distintas traxectorias pero cunha mesma ambición, o Olympique de Marsella e o Inter de Milán miden as súas forzas nunha nova cita en Europa, no partido da Champions League que ofrece hoxe a TVG, en exclusiva e directo (20.40h), correspondente á ida dos oitavos de final. ler máis

Guerra sostén na TVG que os parques eólicos galegos son "os máis eficientes" de España e que son rendibles sen primas

22/02/2012

Guerra sostén na TVG que os parques eólicos galegos son "os máis eficientes" de España e que son rendibles sen primas

Cre que hai "raios de esperanza" na economía, aínda que a situación "é complicada", sinalou nunha entrevista realizada no espazo informativo "Bos Días"

Santiago, 22.02.2012 (Europa Press).-   O conselleiro de Economía e Industria, Javier Guerra, defendeu este mércores a enerxía eólica galega como "a máis eficiente de España", ao ter os parques un número de horas de vento superior en máis dun 15% a un parque medio no Estado. Así, destacou que algúns parques están a "superar mesmo o índice de rendibilidade mínima sen ter primas". ler máis

O xurado do "VI Premio Diario Cultural de Teatro Radiofónico" selecciona catro obras finalistas

21/02/2012

O xurado do "VI Premio Diario Cultural de Teatro Radiofónico" selecciona catro obras finalistas

Poema sinestésico para tres voces e un can, Ironías, Quendas e Intercom-baby, serán agora dramatizadas por un equipo de actores.

Evaristo Calvo dirixirá a súa adaptación radiofónica.

Santiago,  21.02.2012.- As obras presentadas baixo os lemas “Poema sinestésico para tres voces e un can”, “Ironías”, “Quendas” e “Intercom-baby” serán agora dramatizadas por un equipo de actores e actrices coordinado polo Centro Dramático Galego -CDG- e emitiranse ao longo do mes de marzo na Radio Galega. Tras a súa emisión daranse a coñecer o Premio do Xurado dotado con 3.000 euros e o Premio da Audiencia dotado con 3.000 euros. ler máis

"Engurras", participada pola TVG, obtén dous Goyas e fai historia ao converterse na primera cinta de animación co mellor guión adaptado

20/02/2012

"Engurras", participada pola TVG, obtén dous Goyas e fai historia ao converterse na primera cinta de animación co mellor guión adaptado

Esta longametraxe sobre a soidade na vellez, que contaba con dúas candidaturas, fixo pleno ao alzarse tamén co galardón á mellor película de animación

O Goya da curtametraxe “Birdboy”, do coruñés Alberto Vázquez, redondeou o éxito da animación galega na gran festa do cine español

Santiago, 20.02.2012.-       A adaptación ao cine do cómic “Engurras”, proxecto coproducido pola Televisión de Galicia, conseguiu onte os dous premios Goya aos que era candidata: os de Mellor Película de Animación e Mellor Guión Adaptado; e fixo ademais historia ao converterse na primeira cinta de animación que consegue este último galardón, polo que competía cos filmes “Katmandú”, “La piel que habito” e “La voz dormida”. ler máis

As canles da CRTVG chegaron a reunir o 36% da audiencia o sábado á tarde, entre a voda de Marta Ortega e o fútbol

20/02/2012

As canles da CRTVG chegaron a reunir o 36% da audiencia o sábado á tarde, entre a voda de Marta Ortega e o fútbol

A coincidencia do programa especial sobre o enlace coa transmisión do encontro Deportivo – Barcelona B supuxo o liderado para a TVG e tvG2  nesta faixa horaria

Na fin de semana destaca o liderado da TVG no “prime time”, de venres a domingo, cunha cota media do 14,5%

Ao longo da fin de semana a Galega foi vista nalgún momento por 1.561.000 persoas

Santiago, 20.02.2012.- A expectación causada pola voda de Marta Ortega e Sergio Álvarez no programa especial da TVG, e o partido de fútbol do Deportivo – Barcelona B, na tvG2, fixeron que a canle autonómica galega dominase as audiencias o sábado á tarde, superando o 30%. Concretamente, sobre as 19.45 horas, 237.000 persoas estaban seguindo algunha destas emisións, o que supuxo o 36,6% da audiencia do momento. Ao longo desta fin de semana (de venres a domingo), as canles da TVG foron vistas nalgún momento por 1.561.000 galegos, o 59,1% dos galegos de catro e máis anos.   ler máis

Os Bolechas estréanse na televisión dentro do programa “Xabarín Club”, da tvG2

20/02/2012

Os Bolechas estréanse na televisión dentro do programa “Xabarín Club”, da tvG2

Despois de 12 anos da súa creación, os irmáns Bolechas cobran vida na Televisión de Galicia ofrecendo uns especiais para vivir cos máis pequenos este Entroido

Santiago, 21.02.2012.- Os pequenos da casa poderán vivir este martes e mércores na tvG2, dentro do espazo matinal “Xabarín Club”, un Entroido moi especial con aventuras e moita diversión na compaña dos Bolechas. Doce anos despois da súa creación, esta familia peculiar cobra vida fóra do papel en forma de bonecos para gozar estas datas con todos os rapaces seguidores do programa infantil e xuvenil da televisión pública galega. ler máis

Rueda declara na Radio Galega que "respecta" as protestas contra a reforma laboral pero a obriga do Executivo "é gobernar"

19/02/2012

Rueda declara na Radio Galega que "respecta" as protestas contra a reforma laboral pero a obriga do Executivo "é gobernar"

O secretario xeral do PPdeG e conselleiro de Presidencia subliñou que a Xunta "sempre está aberta á negociación".

Santiago, 19.02.2012 (Europa Press).-   O secretario xeral do PPdeG e conselleiro de Presidencia, Alfonso Rueda, asegurou, sobre as manifestacións convocadas por CC.OO e UXT contra a reforma laboral, que as protestas que non van acompañadas de actos violentos deben ser respectadas, aínda que insistiu en que o Executivo ten que cumprir coa súa obriga, que "é gobernar". ler máis

A TVG vive en directo os días grandes do Entroido galego

19/02/2012

A TVG vive en directo os días grandes do Entroido galego

Santiago, 19.02.2012.- Televisión de Galicia compartirá cos espectadores os días grandes do Entroido Galego. O domingo, o luns e o martes, as cámaras da canle pública galega estarán en directo en citas carnavalescas emblemáticas, como Viana do Bolo, Verín ou Laza, e noutras localidades que nos últimos anos están collendo moito auxe, como Aldán, Monforte de Lemos e A Coruña. ler máis

Oscars, un novo blog desta web para os amantes do espectáculo do cinema

18/02/2012

Oscars, un novo blog desta web para os amantes do espectáculo do cinema

Este apartado incorpora informacións relativas aos premios cinematográficos de maior proxección internacional e convida á participación dos internautas.

Santiago, 19.02.2012.-  A páxina web da CRTVG abre unha nova canle para a interacción cos seus usuarios, o blog Oscars. Con esta iniciativa, os amantes do espectáculo do cinema e os fieis seguidores de todo o proceso que require cada ano a celebración dos prestixiosos premios Óscar, dispoñen agora dunha fiestra aberta á análise, á crítica, á información e á participación dos internautas ler máis