CRTVG co cine
Dagon. A seita do mar
Paul Marsh, un mozo a quen descubrir a verdade o condenará a espertar nun pesadelo de horror. Paul e a súa noiva Bárbara están a celebrar o éxito da súa nova empresa da Internet con Howard, o seu socio, e Vicki, a muller deste. Os catro están a aproveitar as súas vacacións no barco de Howard, na costa de Galicia.
Os problemas empezan cando o barco bate contra as rochas e Vicki queda atrapada entre os restos. Paul e Bárbara diríxense cara á costa na procura de axuda. Chegan a unha decrépita vila de pescadores chamada Imboca, que parece estar deserta. Pero ollos incapaces de pestanexar obsérvanos desde as ventás. Despois de apareceren uns estraños habitantes ofrecendo axuda, Paul convence uns pescadores, para que lle axuden a regresar ao barco. Alí descobre con sorpresa que Howard e Vicki desapareceron.
Chegando a noite, Bárbara é secuestrada no hotel da vila, e Paul vese perseguido polos estraños habitantes do lugar. Fuxindo para salvar a vida, Paul descubrirá o segredo de Imboca.
Directores
Actores
Produtores
Ficha técnica
Título orixinal: Dagon. La secta del mar
Duración : 99'58"
Ano: 2001
Nacionalidade: ESP
Guión : Dennis Paoli
Música: Carles Cases
Fotografía: Carlos Suárez
Sinopse:
Paul Marsh, un mozo a quen descubrir a verdade o condenará a espertar nun pesadelo de horror. Paul e a súa noiva Bárbara están a celebrar o éxito da súa nova empresa da Internet con Howard, o seu socio, e Vicki, a muller deste. Os catro están a aproveitar as súas vacacións no barco de Howard, na costa de Galicia.
Os problemas empezan cando o barco bate contra as rochas e Vicki queda atrapada entre os restos. Paul e Bárbara diríxense cara á costa na procura de axuda. Chegan a unha decrépita vila de pescadores chamada Imboca, que parece estar deserta. Pero ollos incapaces de pestanexar obsérvanos desde as ventás. Despois de apareceren uns estraños habitantes ofrecendo axuda, Paul convence uns pescadores, para que lle axuden a regresar ao barco. Alí descobre con sorpresa que Howard e Vicki desapareceron.
Chegando a noite, Bárbara é secuestrada no hotel da vila, e Paul vese perseguido polos estraños habitantes do lugar. Fuxindo para salvar a vida, Paul descubrirá o segredo de Imboca.
Comentario:
Baseada nun relato curto de Howard Phillips Lovecraft, o indiscutible
mestre do macabro.
Coa participación de: Vía Digital, Estudios Picasso,Televisión de Galicia, Xunta de Galicia, Generalitat de Catalunya: Institut Cataláde les Industries Culturais, Institut Catalá de Finances para Filmax
Co apoio de: Televisión de Catalunya S.A
