CRTVG co cine
Celda 211
Juan, funcionario de prisións, preséntase no seu novo destino un día antes da súa incorporación oficial. Alí sofre un accidente, minutos antes de que se desencadee un motín no sector dos FIES, os presos máis temidos e perigosos. Os seus compañeiros non poden máis que velar polas súas propias vidas e abandonan á súa sorte o corpo desmaiado de Juan, na cela 211.
Ao espertar, Juan comprende a situación e farase pasar por un preso máis ante os amotinados. A partir dese momento, o noso protagonista terá que sobrevivir a base de astucia, mentiras e risco, sen saber aínda que encerro paradoxal lle preparou o destino.
Directores
Actores
Produtores
Ficha técnica
Título orixinal: Celda 211
Duración: 104'00" U/E: U
Ano: 2009
Nacionalidade: ESP / FR
Guión: Jorge Guerricaechevarría, Daniel Monzón
Fotografía: Carles Gusi
Música: Roque Baños
Sinopse:
Juan, funcionario de prisións, preséntase no seu novo destino un día antes da súa incorporación oficial. Alí sofre un accidente, minutos antes de que se desencadee un motín no sector dos FIES, os presos máis temidos e perigosos. Os seus compañeiros non poden máis que velar polas súas propias vidas e abandonan á súa sorte o corpo desmaiado de Juan, na cela 211.
Ao espertar, Juan comprende a situación e farase pasar por un preso máis ante os amotinados. A partir dese momento, o noso protagonista terá que sobrevivir a base de astucia, mentiras e risco, sen saber aínda que encerro paradoxal lle preparou o destino.
Outras notas:
- Director artístico Antón Laguna.
- Rodada en Madrid e Zamora.
- Dedicada a Luis Ángel Puente Román.
- Galardóns acadados na XXIV edición dos Premios Goya: mellor película, director, actor Luís Tosar, mellor actriz de reparto Marta Etura, candidatos a mellor actor de reparto Carlos Bardem e Antonio Resines, mellor actor revelación Alberto Ammann, mellor guión adaptado, candidata á mellor música orixinal, candidata á mellor fotografía, gañadora da mellor montaxe, candidata á mellor dirección artística e mellor maquillaxe e peiteado, gañadora ao mellor son e candidata aos mellores efectos especiais.
Coa participación de: Telecinco, AXN, Televisión de Galicia, Canal +, MInisterio de Cultura, Xunta de Galicia, Consellería de Cultura e Turismo, Concello de Zamora, Media. Financia: IGAPE, ICO
