CRTVG co cine
A sinapse do códice
Ana é unha estudante de cine que, ao acabar o seu curso na Sorbonne, promételle a Cátia, unha amiga súa que é actriz, escribir un guión para que ela volva a Europa e sexa a protagonista. Ana, influenciada polo coñecemento cultural de seu irmán Kristoff, acaba lendo o Códice Calixtino, onde se recollen as experiencias do camiño francés na ruta Xacobea cara a Santiago de Compostela. Aí descobre o personaxe de Gerberga de Flandes, a primeira muller que percorreu esta vía. Ana namórase desta personaxe e decide realizar a experiencia vivida por Gerberga no libro.
Acompañada por un equipo de cámaras e durante doce días, Ana irá desde Saint Jean Pied de Port ata Santiago de Compostela, realizando unha viaxe iniciática de madurez espiritual e en que descubrirá un gran segredo: quen era realmente Gerberga de Flandes.
Directores
Actores
Produtores
Ficha técnica
Título orixinal: La sinapsis del códice
Duración : 103'30"
Ano: 2010
Nacionalidade: GAL
Coa participación de: Compañía de Radio Televisión de Galicia, Xacobeo 10 Galicia e Xunta de Galicia
