CRTVG co cine

A lingua das bolboretas

A lingua das bolboretas

Nunha pequena vila galega, comeza o curso escolar 1935-1936 e Moncho, un neno de oito anos, vaise integrando no mundo e nas primeiras experiencias vitais da man da súa familia, das relacións coa súa comunidade e, sobre todo, das ensinanzas liberais do vello mestre, don Gregorio.

O afable profesor incúlcalles aos seus alumnos coñecementos que poden parecer pouco académicos: a orixe americana das patacas ou a forma de espiral da lingua das bolboretas. Coa chegada da primavera, Don Gregorio saca as clases ao campo, pero o dezaoito de xullo todo se romperá e os valores máis os principios inculcados quedarán desterrados.

Ficha técnica

Título orixinal: La lengua de las mariposas
Duración: 91'32"   U/E: U
Ano: 1999
Nacionalidade: ESP (GAL)
Guión : Rafael Azcona
Fotografía: Javier Salmones
Música: Alejandro Amenábar interp.: Orquesta Filarmónica de Praga.

Curiosidades:

  • Premio Agapi á mellor interpretación feminina: Uxía Blanco e á mellor interpretación masculina: Gonzalo Uriarte.
  • Exteriores rodados na provincia de Ourense: Folgoso, a Enfestela, o Rexo, Vilar de Flores, Quintas, Novás, a Quinta, Allariz, Xunqueira de Ambía, Piñeira de Arcos. Na provincia da Coruña: Troitosende (A Baña), Chaián (Trazo). Ademais na cidade de Pontevedra (Galicia).
  • Interiores rodados en Allariz (Ourense) e pazo de Andeade (Touro - A Coruña).

Coa participación de: Televisión Española, Deputación de Ourense

Co apoio de: Canal+, Televisión de Galicia, Xunta de Galicia, Consellería de Cultura e Comunicación Social e Turismo

Galería de imaxes

Compartir en Facebook