O tweet gañador do concurso é:
1charlyf #14Fquero ¿Porque tirar frechas o día de san valentin podendoas tirar todo o año? O amor demostrase nas pequenas cousas do día a día @crtvg
Para recibir o GPS, o gañador debe poñerse en contacto coa CRTVG a través do correo electrónico: crtvg@crtvg.es#14Fquero que deixes de enviarme flores neste día. Sabes que teño alerxia e non paro de esbirrar @crtvg
#14Fquero que en San Valentín saibas todo o que che quero @crtvg
Todo o que se necesita é amor... ou non?
Se o Día dos namorados queres mandar unha mensaxe a túa parella, dedicar un piropo ou expresar o entusiasmo que che provoca a festividade de San Valentín, a CRTVG préstache o hashtag "#14Fquero" para que amoses a túa ledicia.
Pero se, pola contra, rexeitas este día, foxes dos corazóns atravesados con frechas, dos doces acaramelados e dos Cupidos voadores no mesmo hashtag "#14Fquero" tamén podes manifestar a túa oposición e dicir todo o que non che gusta do 14 de febreiro.
Para participar só tes que facerte seguidor do noso perfil de twitter e empregar o noso hashtag #14Fquero incluíndo a referencia a @crtvg .
- O concurso terá vixencia ata que remate o 14 de febreiro.
- O máis ocorrente e orixinal contará cun GPS de premio para compartir coa túa parella ou para buscala.
- O nome do tweet gañador será publicado na web da CRTVG e no perfil de twitter: @crtvg
Os participantes eximen á organización de calquera responsabilidade derivada do plaxio ou calquera outra transgresión da lexislación vixente na que puidesen incorrer os participantes.
-
Entrega do premio a @1charlyf do concurso #14fquero
O pasado venres 24 entregamos a @1charlyf (Juan Carlos Fuentes) o premio do concurso #14Fquero: un GPS Blu:sens.