CRTVG

Buscar

Vivea

Xoel López abre as noites musicais das festas de María Pita

01/08/2017 13:42 h
Imos marchar con música. Comezan xa as Festas de María Pita na Coruña, que duran todo o mes de agosto, cheas de concertos que esta noite abre o coruñés Xoel López.

Será dende as dez e media da noite despois de escoitar o pregón que este ano pronuncia o ex-xogador de baloncesto e comunicador Fernando Romay.

Con Xoel López despedímonos ata mañá.

Que teñan unha boa tarde.