CRTVG

Buscar

Vivea

IALMA actúa hoxe no Teatro Principal de Santiago de Compostela

03/05/2017 13:42 h
Visitáronnos esta semana na 'Revista' e hoxe queremos rematar o programa coa súa música. A formación galego-belga IALMA presenta hoxe o seu último traballo no Teatro Principal de Santiago de Compostela.

O grupo está formado por catro pandeireteiras namoradas de Galicia que naceron e viven en Bruxelas, pero que manteñen un vínculo moi forte coa súa terra, a súa principal fonte de inspiración. Unhas cancións moi frescas e vivas, tamén no seu novo disco 'Camiño', que ademais é unha homenaxe ao mundo da emigración. Coa música de IALMA marchamos. Pasen unha boa tarde. Adeus!