CRTVG

Buscar

Vivea

Comeza o mes forte na Coruña coas festa de María Pita

01/08/2017 14:19 h

Hoxe comezan as Festas de María Pita da Coruña co pregón de Fernando Romay e o concerto doutro coruñés ilustre, o músico Xoel López.

Será coma sempre un mes cargado de eventos, feiras, concertos, mostras e festivais para todos os gustos.

A Coruña xa vive o seu mes de agosto de festas. Nótase un gran ambiente nas r
úas, con moitos turistas que xa durante o mes de xullo visitaron en boa cantidade a cidade herculina.

O ex-deportista Fernando Romay será o encargado de oficializar o comezo das festas e Xoel López, ex-Deluxe, o primeiro de centos de artistas en subir ao escenario de María Pita, e outros máis repartidos pola cidade.

Jarabe de Palo, Macaco ou Miguel Bosé serán os seguintes. Despois teremos tamén concertos da Orquestra Sinfónica e, como no,n o Noroeste Pop Rock, con Kaiser Chiefs ou Iván Ferreiro.
Hoxe mesmo comezou a Feira do Libro, xa está en marcha a de Artesanía e pronto chegará o festival de Habaneiras e o Salón Internacional do Cómic.

Os turistas móstranse encantados co ambiente da cidade.

A batalla naval, o trofeo Teresa Herrera ou o Campionato Mundial de vela na categoría de Snipe serán outros dos atractivos das festas coruñesas deste ano.