Zigzag Diario recibiu o premio ao mellor programa de televisión nos Premios Mestre Mateo de 2012

Publicado o 02/05/2012 09:56

A Televisión de Galicia volveu amosar na gala dos Premios Mestre Mateo 2012 a súa capacidade para promover ou apoiar o audiovisual galego de calidade, xa que promove ou participa nas producións galardoadas 

 

A Televisión de Galicia volveu amosar na gala dos Premios Mestre Mateo 2012 a súa capacidade para promover ou apoiar o audiovisual galego de calidade, xa que promove ou participa nas producións galardoadas. A película "Doentes", dirixida por Gustavo Balza, e a longametraxe de animación "Engurras", realizada por Ignacio Ferreras, foron as grandes triunfadoras da gala organizada pola Academia Galega do Audiovisual ao repartirse 9 dos 24 galardóns. O informativo cultural "Zigzag Diario" de TVG recibiu o premio ao mellor programa de televisión, e "Matalobos", igualmente da Galega, á mellor serie.

Máis información en CrtvgVIVA

Compartir en Facebook
Valoración
Para poder comentar esta entrada debes estar rexistrado.
Introduce o teu usuario e contrasinal aquí.