Sevi e Bea casan polo rito celta
Esta cerimonia celta celebrada polo oficiante Fernando Rivadulla unirá os dous presentadores de A Solaina para sempre ou, polo menos, ambos os dous prometen compartir os planos, o guión e o protagonismo ata a fin do programa.
Todo seguindo un ritual onde a enerxía, as candeas e a pedra sagrada teñen unha importancia fundamental para que Beatriz e Sevi dean o seu consentimento nesta voda televisiva.
Ao final haberá un bico apaixonado?
Valoración
