Anuncio da campaña de servizo público da CRTVG, a ritmo de rap
Novo anuncio incluído na campaña "Servizo público a calquera hora" que están a realizar os medios autonómicos galegos ao longo do presente ano.
O anuncio, que se emitirá proximamente na Televisión de Galicia, é a adaptación dun rap composto para a ocasión e interpretado pola galega Aíd, e recollido nun vídeo musical máis longo que tamén verá a luz en vindeiras datas. Ambas as producións foron feitas pola firma Verve.
A canción, titulada “Apréndeo”, foi interpretada en público por primeira vez con motivo do acto de presentación da nova web da CRTVG o mes de xullo pasado.
Valoración
