O servizo de Información Meteorolóxica da Galega estrea formato co inicio do verán
O servizo de Información Meteorolóxica da Televisión de Galicia estrea co inicio do verán novo formato. Entre as novidades cómpre salientar unha nova realización, que busca achegar unha maior identidade e dinamismo ao espazo de “O Tempo”, e a incorporación dunha liña gráfica propia, deseñada polo departamento de Grafismo da TVG, cuxo deseño será diferente para cada estación.

Desde mañá os seguidores da Galega accederán a unha información meteorolóxica onde, ademais de seguir achegando titulares en cada edición sobre o estado do tempo, trasladarase de xeito inmediato a evolución da situación, contrastando as distintas predicións e fontes que existen. O obxectivo é achegar un contido máis preciso, dinámico, moderno e televisivo, apoiado en imaxes.
Máis información en CrtvgVIVA