'Nós tamén creamos' proponlles a realización de curtametraxes de animación aos escolares

Compartir en Facebook

   O profesorado dos centros educativos que se interesen por participar neste programa recibirá material, formación e asesoramento. Axiña terá ocasión de comprobar que non hai que ser un experto para facer animacións xeitosas.

   Ademais, as creacións dos rapaces difundiranse na sección infantil da web da CRTVG e estarán tamén accesibles dende esta páxina web. Haberá un premio para a mellor curta elaborada en educación infantil e mais no primeiro e no segundo ciclo de primaria. O traballo do profesorado premiado recoñecerase con 20 horas de innovación educativa.

 

Valoración
Para poder comentar esta entrada debes estar rexistrado.
Introduce o teu usuario e contrasinal aquí.