CRTVG

Buscar

Letras Galegas 2017

Håkan Casares, administrador do padroado da Fundación Carlos Casares

12/02/2017

Håkan Casares, fillo de Carlos Casares e membro vitalicio e administrador do padroado da Fundación Carlos Casares, visita “ZigZag Eirado” para falar do seu pai, ao que este ano se lle dedica o Día das Letras Galegas. Tamén do labor que realiza a fundación creada no 2002 en Vigo para promover a cultura galega e a obra do escritor ourensán, que fora director da Editorial Galaxia e autor de obras como “Vento ferido”, “Cambio en tres”, “Xoguetes para un tempo prohibido”, “Os escuros soños de Clío” ou “Os mortos daquel verán”.