CRTVG

Buscar

Letras Galegas 2017

Estréase en Ourense o documental 'Contando a Carlos Casares'

23/05/2017 20:54 h

Arestora estréase no Teatro Principal de Ourense o documental 'Contando a Carlos Casares', o escritor ourensán ao que este ano se lle dedican as Letras Galegas. 28 persoas participan no proxecto dirixido por Gonzalo Veloso: son persoeiros da vida social, cultural ou política que conversan entre eles para achegarnos todas as súas facetas, dende o Casares escritor ou editor, ata o profesor ou falador.

E así, o longo dunha hora a figura de Casares vai tomando forma na pantalla nas voces da súa familia, dos seus amigos, daqueles que o coñeceron e compartiron tempo con el. Falan deste gran contador de historias amante das anécdotas, do seu xeito de traballar, das súas inquedanzas políticas e culturais. Unha trintena de voces con Casares e Ourense como protagonistas.