CRTVG

Buscar

Igualdade

A Xunta homenaxea oito mulleres que abandeiran a "o talento e o futuro" do país

07/03/2019 21:17 h

Son oito mulleres que máis que pedir, abren paso no eido empresarial, social ou deportivo de Galicia. Como Lucía Freitas, estrella Michelin, Maruxa García, investigadora de sabores ou Mónica Fernández, recoñecida sommelier. Aseguran que o seus xa non son só mundos de homes.

"Non é doado, pero non o é doado para ninguén. Hai que traballar moito", dixo a sommelier.

Susana Rodríguez, médica e deportista parolímpica, e Zulema González, primeira galega árbitra internacional animan as nenas a perseguir os seus soños.

"Catorce anos despois de mil incovenientes para xogar pregunteime de que outra maneira podía dedicarme ao fútbol", asegura Zulema. 

E a cantante Lucía Pérez, a empresaria de iogures innovadores Susana Aguiar, e a directiva de Cogami defenden o empoderamento feminino.

 "Infantilízasenos moitas veces. Por iso dende o movemento asociativo levamos anos defendendo o empoderamento", afirma Susana Aguiar. 

Segundo Feijóo, na loita permanente pola igualdade hai sitio para todas e todos.

"Necesitamos que ningún home vexa unha muller como intrusa no traballo; que ningún faga un comentario machista e que ningún se degrade sendo maltratador., defendeu Feijóo.