A páxina web da CRTVG converterase nunha axenda de referencia para non perderse ningunha das principais celebracións que se suceden por cada unha das localidades galegas.
-
Homenaxe ao Cigarrón en Verín
10/02/2013 17:04En Verín é o Cigarrón o que desenvolve ese labor e co seu látego impón a autoridade entre os veciños. Centos de verinéses asistiron ao bautizo de tres novos cigarróns, tres cativos que visten por primeira vez o traxe e que serán os encargados de manter viva a tradición.
-
Os Felos de Maceda anuncian o comezo do Entroido
09/02/2013 16:43En Maceda os protagonistas son os Felos que percorren as aldeas da comarca para anuciarlle aos veciños o inicio do Entroido. Ó son das súas chocas e bastóns métense coa xente e fanlles falcatruadas, o seu obxectivo: que ninguén quede na casa.
-
Xoves de comadres infantil en Ourense
08/02/2013 14:04Hoxe celébrase o Xoves de Comadres. Os máis pequenos xuntáronse na praza maior de Ourense na loita máis agardada neste comezo da festa. Desta volta son as rapazas as que corren detrás dos nenos pra tentar esnaquizar as bonecas que fixeron pra ridiculizalas.
-
Día grande da Festa do Cocido de Lalín
03/02/2013 16:56O día grande da Festa do Cocido cada ano marca o punto de saída ao entroido.
-
Xoves de Compadres infantil en Ourense
01/02/2013 17:34Os protagonistas en Ourense esta mañá foron os nenos; e como toca no Xoves de Compadres, na Praza Maior escenificaron a loita de sexos.
-
Xoves de Compadres en Sober, Lugo
01/02/2013 17:17No Xoves de Compadres manda a tradición que as mulleres parodien os homes. E fano con bonecos, que acabarán queimando esta noite.
-
Domingo Oleiro en Xinzo de Limia
28/01/2013 16:53En Xinzo de Limia xogaron ao tradicional xogo das olas e os disfraces e as charangas saíron á rúa por vez primeira este Entroido
-
Festa de San Martiño en Ourense
11/11/2012 16:48O de Castro de Beiro é un dos magostos máis populares de Ourense. Aquí a tradición consiste en sentar á mesa aos convidados nun gran xantar familiar no que non poden faltar nin as castañas nin o baile.
-
Festa da Castaña e do Cogomelo de Riós
04/11/2012 17:17Décima edición da "Festa da Castaña e do Cogomelo" en Riós.
-
"Oktoberfest" en Pontevedra
02/11/2012 17:11A "Oktoberfest" é unha celebración mundialmente coñecida que se celebra en Múnic desde o ano 1810, na que se serven máis de 7 millóns de litros de cervexa!!!
-
Feira de SAntos en Monterroso
01/11/2012 17:22A feira de Santos de Monterroso , con 500 anos de vida, é a máis antiga do país. Ata ela achéganse cada ano unhas 150 MIL persoas.

