Festas do Corpus en Arzúa e Melide
As vilas de Arzúa e Melide elaboraron alfombras e altares florais con motivo da celebración do Corpus Cristi, o domingo 10 de xuño.
A Asociación Chamarela foi a encargada de preparar os maquetas coas que se fixeron as alfombras para o Corpus en Melide. Para a creación das alfombras e altares florais tamén contaron con voluntarios e persoal do Concello.
Como novidade en 2012, en Melide elaboráronse alfombras con labra pintada como complemento dos pétalos das flores, amais este ano tamén se recuperaron os altares que había moitos anos que non se colocaban nas rúas.
En Arzúa, elaboráronse alfombras baseándose nos debuxos de Sisi Moscoso; para preservalas do mal tampo creáronse no recinto feiras e os alumnos do colexio Nosa Señora do Rosario fixeron unha alfombra pequena dentro da igrexa parroquial de San Francisco.
