Festa do cocido do porco celta de Sarria
A cuarta edición da Festa do cocido do porco celta tivo lugar en Sarria, unha comarca que ten un importante peso en Galicia neste sector con dezanove explotacións de tipo familiar e cun censo de catrocentos animais.
Nesta festa que contou, durante a súa preparación, coa visita de A Revista pódese degustar sopa de cocido, lacón, botelo, chourizos, cachola, garavanzos, grelos e cachelos.
Valoración
