Festa do Percebe en Corme, Ponteceso

Publicado o 07/07/2012 17:04

Na festa do percebe do Roncudo repartíronse máis de mil duascentas racións do prezado crustáceo, para moitos o máis saboroso do mundo.
Durante a última semana, os mariscadores estiveron apañando os mellores percebes no cabo Roncudo. Os de máis calidade vendéronse na lonxa a cen euros o quilo e hoxe degustáronse en Corme por dezasete euros cada prato.
Polbo, empanada e viño completaron o menú dunha festa que nesta edición cumpriu vinte anos.

Compartir en Facebook
Valoración
Para poder comentar esta entrada debes estar rexistrado.
Introduce o teu usuario e contrasinal aquí.