Día Grande do Corpus Christi en Ponteareas

Publicado o 10/06/2012 12:11

Ponteareas espertou hoxe con cinco mil metros cadrados das súas rúas convertidas en alfombras florais. Unha auténtica obra de arte natural que se repite cada ano pola festa do Corpus Christi logo dunha longa noite de traballo para os veciños da vila. E así o contaba o Telexronal Mediodía.

 

Esta mañá milleiros de visitantes se achegaron ata Ponteareas para ver de preto estes tapices florais. Unha tradición con máis de cen anos de historia que nin a choiva pode parar

Así espertou Ponteareas: con recendo a mirto, a mimosas e a hortensias. Cos aromas, coas cores e coas flores da primavera convertidas en tapices de luxo agardando o paso do Santísimo no Corpus Christi . Unha obra de arte natural que agocha o esforzo dos veciños de Ponteareas que traballan arreo durante meses para converter as rúas do concello en sorprendentes mosaicos florais. Son máis de cinco mil metros cadrados de alfombras. Unha tradición con máis de 150 anos de historia que namora os visitantes que se achegan a coñecela

A pesar de que o tempo non acompañou, millerios de persoas enchen hoxe as rúas de Ponteareas, onde se celebra a máis espectacular festa do Cropus Christi de Galicia]

Compartir en Facebook
Valoración
Para poder comentar esta entrada debes estar rexistrado.
Introduce o teu usuario e contrasinal aquí.