A páxina web da CRTVG converterase nunha axenda de referencia para non perderse ningunha das principais celebracións que se suceden por cada unha das localidades galegas.

  • Festa do  Melindre en Melide

    Festa do Melindre en Melide

    Melide celebrou o 13 de maio de 2012 a vixésimo primeira edición da Festa do Melindre e da Repostería tradicional. Centos de persoas achegáronse ata a vila coruñesa, xa bautizada como Melide Terra Doce, pola súa tradición reposteira en melindres e amendoados.

  • Festa do Choco en Redondela
  • Festa do Pan de Carral
  • Feira de Abril en Sarria

    Feira de Abril en Sarria

    O domingo 6 de maio, o concello lugués de Sarria celebrou unha Feira de abril. No evento, os asistentes puideron mesturar a misa rocieira coa degustación de polbo á feira.

  • Festa do Muíño de Coiro (Cangas)

    Festa do Muíño de Coiro (Cangas)

    A Festa do Muíño da parroquia canguesa de Coiro é unha romaría tradicional que se celebra na contorna do muíño de auga de Fausto. Os días 5 e 6 de maio celebraron a XXIII edición cunha muiñada  e por suposto con produtos do Morrazo.

  • Festa da Lamprea en Arbo

    Festa da Lamprea en Arbo

    Os días 5 e 6 de maio, en Arbo foi a  festa da lamprea; festa que este ano celebraba a edición número 52.

     

  • Feira do Viño do Ribeiro

    Feira do Viño do Ribeiro

    O 4 de maio  comezou a 49 edición  da Feira do Viño do Ribeiro que está declarada de interese turístico nacional.

  • Festa dos Maios en Ourense

    Festa dos Maios en Ourense


    A Festa dos Maios en Ourense está declarada de interese turístico. Na cidade é festivo local para que os veciños non se perdan as vinte obras realizadas con mofo e flores.

  • Festa dos Maios en Pontedeume

    Festa dos Maios en Pontedeume

    A primeira referencia á festa da primavera en Pontedeume data de 1914. Actualmente o concurso dos maios de Pontedeume é o de maior tradición na comarca e os protagonistas son coma sempre os rapaces.

  • Feira de Betanzos do 1º de maio

    Feira de Betanzos do 1º de maio

    A Feira do 1º de maio é unha das máis importantes do ano en Betanzos, canda a de Santos e a de Ano Novo.

  • Festa dos Maios en Pontevedra e Poio

    Festa dos Maios en Pontevedra e Poio

    Pontevedra e Poio manteñen intacto o espírito desta festa ancestral e con cariño elaboran as figuras emblemáticas realizadas con flores, os maios.

  • Festa da filloa de Cospeito

    Festa da filloa de Cospeito

    Na parroquia de Muimenta, no concello de Cospeito, celebrouse o día 1 de maio a XXI edición da Festa da filloa. A festa creouse en 1992 para dar a coñecer un dos produtos típicos da Terra Chá.

     

  • 8ª Foliada de Melide

    8ª Foliada de Melide

    Melide celebrou o domingo 29 de abril a oitava edición da Foliada; un encontro cultural de música artesanía e tradición.

  • 1ª Feira de 1812 en Petín

    1ª Feira de 1812 en Petín

    Os veciños de Petín celebraron por primeira vez a Feira de 1812 para conmemorar  a expulsión dos franceses en 1809 e lembrar a  sinatura da Constitución de Cádiz en 1812.

  • Feira de San Marcos en Noia

    Feira de San Marcos en Noia

    Noia é un referente na tradición cabalar da comarca e cada ano aproveita as Festas de San Marcos para facer de Noia o punto de encontro dos amantes dos cabalos.

     

  • Festa do cabalo de Moeche

    Festa do cabalo de Moeche

    Cada 23 de abril celébrase a festa do cabalo na parroquia de San Ramón de Moeche. Milleiros de persoas achéganse desde toda Galicia para ver as probas de andadura serrada e chapeada. Probas que gardan segredos que só se transmiten dentro da familia.

    Moeche está considerado por moitos expertos o berce dos cabalos trotóns e marchadores.

  • Festa dos callos de Vigo

    Festa dos callos de Vigo

    Primeira edición da Festa dos Callos en Vigo. Son tres xornadas de festa na que se reparten unhas  8.000 racións ao prezo de 5 euros.

    A Festa dos Callos é unha iniciativa gastronómica da Federación de Comercio Vigo Histórico.

     

  • Festa do viño da Ulla

    Festa do viño da Ulla


    O 15 de abril celebrouse a Festa do viño da Ulla en San Miguel de Sarandón no concello de Vedra. Esta festa é punto de encontro e cita ineludible para os amantes dos viños Rías Baixas.

  • Romaría das Cabezas en Armenteira

    Romaría das Cabezas en Armenteira

    Unha das festas tradicionais do luns de Pascua de maior sona está en Meis, en Armenteira, coa romaría da Virxe das Cabezas, Santa María de Armenteira. Ata alí acode multitude de xente dos municipios do Salnés e da comarca de Pontevedra para conseguir un milagre para curar as xaquecas e cefaleas.

  • Luns de Pascua en Padrón

    Luns de Pascua en Padrón

    O luns de Pascua en Padrón tamén se coñece como Día Grande de Santiago en Padrón. As festas de Pascua, as festas grandes da vila.