O Presidente da Xunta de Galicia no tempo de A Entrevista fala sobre o perfil humano e político de Manuel Fraga
O presidente da Xunta de Galicia subliña nesta entrevista no Bos días a importante figura que se perde co falecemento de Manuel Fraga e indica que o persoeiro público era moi distinto da persoa que el puido coñecer de preto.
Alberto Núñez Feijóo comenta como foi o seu primeiro encontro co político de Vilalba e conta, por primeira vez, o anecdótico consello que lle deu cando tomou posesión como presidente da Xunta de Galicia, un cargo que el xa ocupara durante dezaseis anos.
Núñez Feijóo tamén confirma que a Manuel Fraga lle tería gustado ver as mostras de agarimo e respecto coas que se lle está a despedir tanto en Galicia coma no resto de España.
Valoración
