Entrevista ao voceiro da embaixada de Israel en España, Lior Haiat

Publicado o 16/11/2011 13:12

  Entrevista no informativo Bos días a Lior Haiat. O voceiro da embaixada de Israel en España analiza a recente inclusión de Palestina como estado membro de pleno dereito na Unesco.

    O voceiro da embaixada de Israel en España afirma nesta entrevista que no conflito con Palestina os dous pobos teñen razón e que a única solución pasa por acadar un acordo de paz. E considera que a través dese acordo de paz, Israel non rexeitaría a inclusión de Palestina en todas as institucións internacionais. Lior Haiat fala tamén das relacións actuais entre Israel e España.

Compartir en Facebook
Valoración
Para poder comentar esta entrada debes estar rexistrado.
Introduce o teu usuario e contrasinal aquí.
juansantiago #1
18/11/2011 19:03:30
O estado de Israel existe hai 63 anos, por tanto non se pode falar de 2000 nin 500 anos de relacións ou conflitos. As intervencións dos grupos BDS como as que se puideron ver para denunciar as intervencións do señor Haiat, de ningunha maneira son pola súa condición de Xudeu, son pola súa pertenza a un estado que practica o apartheid o colonialismo e a limpeza étnica contra o pobo palestino cousa máis que probada, sen envaro o señor Haiat e TVG acusan de violentos a estes grupos sen achegar nin unha soa proba. Ninguén pretende impedir a liberdade de expresión só preténdese impedir unha actividade de propaganda dun estado violento que non cesa de incumprir as resolucións da ONU que non lle conveñen. que diriades se un grupo nazi pretendese dar conferencias? pois este é o mesmo caso.