-
A serie da TVG , "Matalobos" recibe o Prix Circom á mellor ficción
Circom, a asociación de televisións rexionais europeas, agrupa 260 canles de todo o continente, e conta para este gran debate anual do servizo público de televisión con delegados de 26 países.
-
O escritor Tucho Calvo recorda a Paz Andrade no Día das Letras
Xornalista e autor dunha biografía de Paz-Andrade, “Valentín Paz-Andrade, a memoria do século XX”, Tucho Calvo repasa en Bos Días a vida e a obra dun “home fiel a súa traxectoria galeguista”.
Tucho Calvo reivindica a súa figura: “era un visionario e sería un home necesario agora” polas súas ideas, moi claras e prácticas, sobre o desenvolmento de Galicia. -
Xoán Vázquez Mao valora o cumio bilateral España-Portugal
O Secretario xeral do Eixo Atlántico asegura na entrevista do Bos Días que o apoio da Xunta foi fundamental “no éxito do cumio hispano-luso”. Entre os acordos acadados neste encontro, segundo Vázquez Mao, está a modernización da liña Vigo - O Porto que permitirá realizar o traxecto en hora e cuarto.
-
Homenaxe ao cantautor portugués José “ZECA” Afonso
Espectáculo “TERRA DA FRATERNIDADE”, homenaxe que un numeroso grupo de artistas galegos e portugueses lle fixeron ao cantautor portugués JOSÉ “ZECA” AFONSO ao cumprírense corenta anos da estrea da canción GRANDOLA VILA MORENA.
-
Entrevistamos o director xeral de Relacións Exteriores e coa Unión Europea, Xesús Gamallo
Coincidindo coa celebración do “Día de Europa”, Xesús Gamallo reivindica “máis Europa e maior gobernanza económica. Asegura que é necesario “ir cara unha unión económica real que apoie o euro”. E defende unha a axenda de crecemento paralela aos axustes orzamentarios.
Gamallo cualificou de moi preocupante a situación de Grecia e mais coa entrada de opcións políticas radicais. Advirte que “Europa no pode dar un paso atrás: hai que conxurar o perigo do extremismo”
O director xeral de Relación Exteriores e coa UE expresou o seu convecemento de que Galicia seguriá percibindo fondos europeos despois do 2013. -
Negreira avisa na Radio Galega de que "case un terzo" das competencias que exercen os municipios non teñen financiamento
O presidente do PP coruñés e alcalde da Coruña, Carlos Negreira, remarcou que a reordenación do mapa territorial é "un debate antigo" e avisou de que, no actual escenario, os municipios asumen "moitas máis funcións das que lles corresponden".
-
Educación pide na TVG "non obsesionarse" cunha cifra concreta na suba de taxas e reitera que en Galicia será "mínima"
O secretario xeral de Universidades, José Alberto Díez de Castro, considerou na TVG que "non hai que obsesionarse" cunha cifra concreta respecto á suba de taxas universitarias e reiterou que a Xunta se comprometeu a que "será a mínima dentro do marco legal" establecido e os intervalos que decida o Ministerio de Educación.
-
Os espazos de TVG "Zigzag Diario" e "Matalobos", mellor programa e mellor serie de televisión nos Premios Mestre Mateo de 2012
A Televisión de Galicia volveu amosar na gala dos Premios Mestre Mateo 2012 a súa capacidade para promover ou apoiar o audiovisual galego de calidade, xa que promove ou participa nas producións galardoadas. A película "Doentes", dirixida por Gustavo Balza, e a longametraxe de animación "Engurras", realizada por Ignacio Ferreras, foron as grandes triunfadoras da gala organizada pola Academia Galega do Audiovisual ao repartirse 9 dos 24 galardóns. O informativo cultural "Zigzag Diario" de TVG recibiu o premio á mellor programa de televisión, e "Matalobos", igualmente da Galega, á mellor serie. -
Entrevista a Mar Pereira, directora da Axencia para a Modernización Tecnolóxica de Galicia
A directora da Axencia de Modernización Tecnoloxía de Galicia sinala no programa "Bos Días" que este sector é unha plataforma de "apoio da cultura e a lingal" galegas.
Mar Pereira explica que hai que usar o soflware máis axeitado para cada proxecto e afirma que o software libre "é unha alternativa para combinar unha plataforma axeitada e de austeridade". Valora o "mes de vida" desta axencia que agrupa baixo unha única dirección a todos os tecnólogos informáticos da Administración autonómica e que permite un aforro anual de 20 millóns de euros. -
O alcalde de Santiago defende no 'Bos Días' o comportamento de Conde Roa
Na entrevista concedida ao programa Bos Días, Anxo Currás, que asumiu a alcaldía de Santiago tras a demisión de Conde Roa, recoñece que “non foi a aterraxe desexada, pero a vida do concello continúa”. Para o rexedor compostelán, Conda Roa actuou “cunha responsabilidade e unha ética impecables” que, lamenta, "non teñan outros dirixentes imputados noutras causas”
Anxo Currás insiste ademais na necesidade de reformar o mapa municipal de Galicia, defende a fusión entre concellos e asegura que el mesmo está estudando esa posibildiade. Na entrevista tamén di que vai seguir reivindicando que o AVE chegue ao aeroporto de Lavacolla. -
López Orozco asegura na Radio Galega que ten a "total tranquilidade" de facer "as cousas ben" e "non por peticións"
Xosé López Orozco, Alcalde de Lugo, na Entrevista con Xavier Ares
-
Pilar Farjas: "As reformas son para blindar a sanidade pública"
Na entrevista do programa Bos Días, a Secretaria xeral de Sanidade e Consumo sinala que a achega dos cidadáns aos medicamentos se fai en función da renda para evitar solucións menos equitativas, como cobrar un 1 euro por receita.
Di Pilar Farjas que o sistema está nun momento complicado cunha débada de 20.000 millóns e pide a colaboración de todos para chegar a acordos, en especial ao Partido Socialista.
Con referencia a Galicia, a Secretaria xeral de Sanidade di que está nunha situación máis favorable ca resto do Estado porque a Xunta leva tempo racionalizando o gasto.
-
Domingo Bello Janeiro: "A expropiación de YPF non é unha novidade no mercado internacional"
Na entrevista do programa Bos Días, o catedrático de Dereito Civil e mediador internacional anunciou que será o Tribunal Internacional de Arbitraxe -o CIADI, creado polo Banco Mundial- o que determine se o Goberno arxentino incumpriu os acordos internacionais para a protección das inversións coa expropiación de YPF.
Bello Janeiro cre o proceso durara alomenos dous 2 e que o Goberno de Arxentina pode ter problemas se non indemniza a Repsol polo valor que ten no mercado. -
A secretaria xeral de Igualdade anima a denunciar os casos de violencia machista
Na entrevista do programa Bos Días, a Secretaria Xeral de Igualdade sinala que “a sociedade non debe ser cómplice da violencia de xénero existente”. Malia situación de crise, Susana López Abella asegura que se manteñen as partidas presupostarias destinadas á loita contra a violencia de xénero.
Lembren que existe un teléfono de información as 24 horas do día: 900 400 273 -
Ana Pastor: "O esforzo co AVE galego é por solidariedade interterritorial"
Na entrevista concedida ao programa Bos Días de TVG, a ministra de Fomento reafirma o seu compromiso co AVE a Galicia. Ana Pastor asegura que é unha obra prioritaria para o seu departamento, “á que dedica en plena crise un esforzo importante por solidariedade interterritorial”. Sinala a titular de Fomento que se investirá todo o que se poida para que o tren de alta velocidade a Madrid sexa realidade.
-
Entrevista ao conselleiro de Educación, Xesús Vázquez
O conselleiro de Cultura, Educación e Ordenación Universitaria, Xesús Vázquez, anima os alumnos galegos a asistir á Mostra do Ensino-Galicia 2012, que se celebrará na Coruña entre o 11 e o 14 de abril,
Na entrevista do programa "Bos Días", Vázquez destaca a ampla oferta educativa da comunidade, "onde se avanza cara a unha maior racionalización e se dan pasos moi importantes para lograr niveis educativos de calidade". -
Xosé Ramón Lete: "Cómpre un cambio de cultura coa actividade física"
O programa Bos Días entrevista ao Secretario xeral para o Deporte tras a aprobación no Parlamento da nova Lei Galega do Deporte. Xosé Ramón Lete Lata explica que o novo regulamento do deporte profesional e federado se complementa co recoñecemento da actividade física como elemento de saúde. Neste contexto, Xosé Ramón Lete Lata inclúe o plan "Galicia Saudable", que persegue un cambio de hábitos na vida cotiá de nenos e adultos. -
No programa A Tarde da RG falamos con Leopoldo Abadía
Falamos con Leopoldo Abadía, enxeñeiro industrial que impartiu clases de Política Europea durante 31 anos na Universidade de Navarra.
-
Un estudo de FORTA demostra que as canles públicas autonómicas son garantía de proximidade e calidade
FORTA presentou o estudo “INFORME SOBRE O PAPEL DA TELEVISIÓN PÚBLICA AUTONÓMICA EN ESPAÑA” elaborado pola multinacional Accenture, onde se pon de manifesto que as súas prestacións obedecen a servizo público.
