Corte a corte
Entrevistas-
Tanxarina celebra 25 anos con “Titiricircus”
22/12/2012 14:01Durante este cuarto de século, a compañía redondelá Tanxarina realizou máis dun milleiro de actuacións dentro e fóra de Galicia
-
Achegámonos ao proxecto pedagóxico non comercial realizado pola Escola Superior de Arte Dramática de Galicia “A Tempestade”
22/12/2012 13:56O profesor do centro Daniel Salgado visitará o programa Zigzag Diario para falar dunha montaxe coa que dirixiu os seus alumnos nesta desconcertante mestura de farsa bufonesca, drama musical, comedia romántica e relato fantástico
-
Mónica Maneiro, comisaria da exposición Aflluentes 68, a primeira de tres que repasaran o movemento figurativo en Galicia
14/11/2012 13:24Falamos con Mónica Maneiro, unha das comisarias da exposición “Afluentes 68” do Centro Torrente Ballester de Ferrol
-
Entrevista a Manuel Guede, director do Centro Dramático Galego
22/06/2012 21:00O programa “ZigZag Diario” fala co director do Centro Dramático Galego, Manuel Guede, que acaba de regresar ao corazón do teatro público galego, onde xa estivo entre 1991 e 2005, tras varios anos ligado aos escenarios portugueses e á escrita dramática.
-
Eduardo Galeano: un dos grandes nomes da literatura universal no estudio do Zigzag
18/06/2012 17:28O programa “ZigZag Diario” recibirá hoxe unha visita ilustre, a do escritor uruguaio Eduardo Galeano, considerado un dos autores máis destacados da literatura latinoamericana de todos os tempos.
-
"As rapazas de Xan", primeira novela de Manuel Iglesias Turnes
18/06/2012 17:20Manuel Iglesias Turnes preséntanos a súa ópera prima, “As rapazas de Xan”, unha novela desenvolvida no ámbito rural que supón un documento histórico e etnográfico sobre a aldea galega de posguerra.
-
Entrevista a Carlos López Benárdez, historiador de arte e profesor de lingua e literatura galega
18/06/2012 17:10Falamos con Carlos López, historiador de arte e profesor de lingua e literatura galega, autor do estudo “Do idilio á diáspora”, onde analiza o que ocorreu na arte galega desde principios do século XX ata os anos 50, desde o costumismo rexionalista ata o desenvolvemento do movemento renovador da arte galega coñecido como “Os Novos”.
-
Falamos con Gustavo Pernas sobre a súa obra “Tres logomonos”
18/06/2012 16:57Gustavo Pernas fala da súa obra “Tres logomonos”, onde inclúe as pezas dramáticas “Colgados”, “Pisados” e “Snakizados”, tres monólogos ao revés para denunciar a perversión da linguaxe ou o abandono do galego
-
Entrevistamos a Margarita Viso Soto
18/06/2012 16:48A artista, Margarita Viso Soto, que desenvolve o seu labor como compositora, pianista acompañante, musicóloga e editora de música, falará da música en Galicia e do traballo dunha asociación que ten como obxectivo defender os intereses dos compositores galegos, así como manter a memoria dos creadores históricos do país.
-
Reportaxe sobre o obradoiro teatral que impartiu o cineasta Oliver Laxe no marco da última edición de Buxiganga
17/06/2012 00:00Reportaxe sobre o obradoiro teatral que impartiu o cineasta Oliver Laxe no marco da última edición de Buxiganga, un programa de promoción teatral da Deputación de Lugo. O autor de “Todos vós sodes capitáns” falou sobre a interpretación diante da cámara
-
A que non podes dicir cocacola? A nova montaxe da compañía Teatro do Lume
16/06/2012 15:30Nova montaxe da compañía Teatro do Lume, que con “A que non podes dicir cocacola?”, escrita, dirixida e interpretada por Lina Pérez, fala da absurda busca da felicidade, da necesidade de reafirmación social para que o espello poida devolvernos unha imaxe coa que nos atopar cómodos.
-
Falamos con Clara Gayo que nos presenta a súa nova proposta escénica, “Área de descanso”
16/06/2012 00:00Clara Gayo, integrante xunto a Iria Pinheiro do dúo Gayo Pinheiro, presenta a súa nova proposta escénica, “Área de descanso”.
-
Roberto Vidal Bolaño proposto por intelectuais galegos para o Día das Letras Galegas 2013
15/06/2012 18:40Profesionais do teatro galego falarán da importancia da figura do máis grande dramaturgo galego contemporáneo, ao tempo que reivindicarán o valor literario do teatro galego e a necesidade de cubrir esa ausencia no día das nosas letras.
-
Falamos co fotógrafo Vari Caramés
28/05/2012 19:09Caramés fala dunha mostra que contén todas as súas iconas visuais e que aglutina tres décadas de imaxes que retratan a vida e os escenarios de Galicia.
-
Falamos de poesía con Branca Novoneyra, bailarina e poeta
26/05/2012 15:03Branca Novoneyra, bailarina e coreógrafa, unha das coordinadoras do ciclo de lecturas poéticas “Picaversos”, que se desenvolve no pub Modus Vivendi de Santiago e que ten como obxectivo visualizar a poesía fóra do campo exclusivamente literario e ampliar o seu público.
-
Falamos con Luís Ferreiro, fillo de Celso Emilio Ferreiro
22/05/2012 19:11Luís Ferreiro fai apuntamentos biográficos sobre seu pai e fala tamén do traballo da Fundación Celso Emilio Ferreiro, da que é director, unha institución que pretende fomentar o coñecemento e a difusión da súa obra e contribuír a difundir o seu extraordinario legado.
-
Reportaxe de "Herdeiros pola forza"
21/05/2012 16:38Herdeiros pola forza un libro de Manuel Gago e Xurxo Ayán sobre o patrimonio dos galegos e a nosa actitude fronte a esta riquísima herdanza.
-
Falamos con Luís Tosar da súa carreira e da situación do cine na actualidade
05/05/2012 23:59O programa “Eirado” ofrece unha entrevista exclusiva co actor galego , unha das caras máis recoñecidas do panorama cinematográfico actual e un dos intérpretes máis solicitados.
-
Falamos con Carme Blanco, especialista na poesía e na plástica de Granell
03/05/2012 15:57Lembramos a figura de Eugenio Granell, polo centenario do seu nacemento, da man da escritora e profesora de literatura da Universidade de Santiago Carme Blanco, especialista na poesía e na plástica de Granell.
-
Libros: "Veneno en dosis camufladas", de Xavier Valiño, sobre a censura discográfica no franquismo
30/04/2012 09:53O crítico musical e xornalista Xavier Valiño fala do seu libro“Veneno en dosis camufladas”, unha obra sobre a censura nos discos de pop-rock durante o franquismo. O autor estuda por vez primeira os censores, identificando as cancións que estiveron vetadas como non radiables.
-
Conversamos coa escritora Rexina Vega que presenta a súa segunda novela, “Dark butterfly”
28/04/2012 16:12Na sección de libros, Pemón Bouzas conversará coa escritora Rexina Vega, quen, cinco anos despois de gañar o Premio Xerais con “Cardume”, presenta a súa segunda novela, “Dark butterfly”, en que se asoma á loucura e describe o proceso da enfermidade mental como unha lenta e consciente deriva cara á marxinación e á exclusión.
-
Entrevista a María Jesús Blanco, viúva de Jaime Quessada e comisaria da exposición "Confluencias"
25/04/2012 10:27María Jesús Blanco fala da exposición aberta na Casa da Parra, en Santiago, que reúne a obra de Jaime Quessada e seu fillo Xaime Quessada Blanco, ambos os dous xa falecidos.
-
Entrevista a Francisco Rodríguez Iglesias, presidente de Hércules Edicións
24/04/2012 09:52Pemón Bouzas fala con Francisco Rodríguez Iglesias sobre o novo proxecto editorial que recolle o patrimonio cultural dos mosteiros de Galicia. A colección “Monasterios y conventos de la Península Ibérica” ten xa nas librarías os seus primeiros tomos, centrados nos cenobios galegos.
-
Libros: "El último amante de Marilyn", de Xavier Navaza
24/04/2012 09:42Entrevista ao escritor e xornalista Xavier Navaza, autor de "El último amante de Marilyn". O libro sitúase no México de hai 50 anos para reconstruír os últimos meses de vida da actriz Marilyn Monroe e a súa relación co produtor de cine de orixe galega José Bolaños.
-
Entrevista a Xosé Luís Axeitos, secretario da Real Academia Galega, sobre Rosalía de Castro
23/04/2012 15:50Xosé Luís Axeitos fala do 175 aniversario do nacemento de Rosalía de Castro, da vixencia da súa obra, da súa figura na literatura galega e dos actos previstos pola RAG para conmemorar esta efeméride.
-
Entrevista a Pedro Fresneda, fundador e codirector de Teatro Ensalle
23/04/2012 15:28O Teatro Ensalle é un espazo dedicado á escena alternativa que nace en 2003 coa intención de crear un punto de encontro entre os creadores e un público novo. Fresneda fala do labor deste espazo vigués, entre cuxas últimas propostas se atopa “La Maleza”, un dos seus espectáculos máis poéticos, que pecha a triloxía composta polas obras que a Compañía do Teatro Ensalle creou entre 2008 e 2010.
-
Entrevista a Pela del Álamo
20/04/2012 23:55O realizador galego fala de N" VI", documental galego no Festival de Málaga.
-
Reportaxe: Pancho Álvarez
19/04/2012 15:55O músico folk Pancho Álvarez presenta o seu cuarto disco, “Sonche Atlántico”, un traballo que amosa a evolución vital do artista na busca de novos camiños creativos e a mestura de sons acústicos da música tradicional.
-
Entrevista a Xosé Manuel Budiño
19/04/2012 15:41Xosé Manuel Budiño pásase á música electrónica coa súa alianza co humorista Carlos Blanco. Os dous artistas están a realizar unha xira polas salas galegas co seu espectáculo “iLalelo”, onde desenvolven facetas inéditas de rapeiro e de picadiscos respectivamente.
-
Falamos con Benito Leiro, xornalista, escritor e especialista no escritor galego Julio Camba
14/04/2012 16:53Para lembrar a figura do xornalista e escritor galego Julio Camba, un mestre do humor literario e un dos mellores articulistas españois de todos os tempos, contamos coa presenza do xornalista e escritor Benito Leiro, un especialista no autor vilanovés, que marcou a súa vida, xa que foi precisamente un concurso sobre Camba o que lle abriu as portas do xornalismo.
-
Entrevista a Carme Fernández Pérez-Sanjulián, coordinadora do estudo “Viaxes e viaxeiros na Galicia anterior a 1936”
14/04/2012 16:02Entrevistamos a profesora da Universidade da Coruña Carme Fernández Pérez-Sanjulián, coordinadora do estudo “Viaxes e viaxeiros na Galicia anterior a 1936”, publicado pola UDC e a Fundación Vicente Risco, que analiza a relevancia que as viaxes tiveron na formación das elites intelectuais de posguerra.
-
Estrea de "La Brecha", o último traballo de Marcos Nine, no BACIFI de Bos Aires
12/04/2012 16:10Achegamos o novo traballo do realizador galego Marcos Nine, “La Brecha”, que se estrea no Festival Internacional de Cine Independente de Bos Aires, o BACIFI 2012, un dos certames máis prestixiosos do mundo.
-
Conversamos co cineasta estadounidense Ross McElwee
12/04/2012 00:00Conversamos co cineasta estadounidense Ross McElwee, que abriu a última edición do Play-Doc e a quen o CGAI lle está a dedicar un ciclo.
