Espectáculo audiovisual dos Fogos do Apóstolo 2012
A Televisión de Galicia emite o espectáculo audiovisual dos Fogos do Apóstolo que se desenvolve na praza do Obradoiro.
O espectáculo baséase nunha proxección virtual sobre a fachada da catedral de Santiago onde a novidade é a recuperación da figura do Paio, o descubridor do Sepulcro do Apostolo. A primeira secuencia partirá dunha gran bóla virtual cargada de enerxía que irromperá na catedral, para despois darlle entrada á narración sobre as dificultades do Camiño.
Valoración
barallana
#1
26/07/2012 13:43:10
O espectáculo foi espectacular, pero encantaríame que o comentarísta non falase tanto, porque non permite escoitar ben a música e meterte dentro. Espero que para o próximo ano se non o podo ver en directo non ter que escoitar tanto comentario absurdo.
