Salteado de verduras, ameixas e cogomelos

Compartir en Facebook

Ingredientes (para catro persoas):

-    ½ coliflor
-    ½ brócoli
-    1 mollo de espinacas frescas
-    1 cabaciña
-    2 cenorias
-    15 tomates cherry
-    150 g. de níscaros
-    150 g. de champiñóns Portobello
-    2 dentes de allo
-    400 g. de ameixa
-    1 caciño de caldo vexetal
-    Aceite de oliva
-    Sal

Elaboración:

  • Picar a coliflor e o brócoli,  e cocer en auga a ferver durante 4-5 minutos.
  • Picar un dente de allo e rustrir nun cazo cun par de culleradas de aceite de oliva.
  • Unha vez comecen a dourarse os allos, incorporar as ameixas e cocelas durante 5 minutos ata que abran.
  • Retirar as verduras do lume e escorrelas.
  • Poñer un fondo de aceite nun wok e dourar un dente de allo.
  • De seguido, engadir os cogomelos e cociñar durante un par de minutos.
  • Poñer as verduras no wok cando os cogomelos comecen a torrarse lixeiramente.
  • Refogar.
  • Incorporar a cabaciña picada e os tomates.
  • Saltear as verduras.
  • Cortar as espinacas en lascas ben finas e engadir ao salteado.
  • Condimentar cun caciño de caldo vexetal e cun chorriño de salsa de soia.
  • Refogar e, cando as verduras estean tenras, servir xunto coas ameixas.

 

Valoración
Para poder comentar esta entrada debes estar rexistrado.
Introduce o teu usuario e contrasinal aquí.