Filloas recheas de grelos, xamón e gambas

Compartir en Facebook

Ingredientes:

-    Grelos
-    Xamón
-    Gambas
-    Bechamel
-    Pementos
-    Tona
Para a masa das filloas:
-    Leite
-    Fariña
-    Ovos
-    Manteiga
-    Sal

Elaboración:

  • Facer unha salsa con bechamel, grelos e tona.
  • Facer outro prebe con bechamel, pementos e mariñeira.
  • Facer a masa das filloas mesturando leite, fariña, ovos, manteiga e sal.
  • Untar con manteiga unha tixola filloeira e estender unha capa de masa para facer unha filloa ben fina.
  • Torrar lixeiramente por ambos os dous lados.
  • Para facer o recheo, saltear nunha tixola xamón e gambas.
  • Cando o xamón comece a torrarse, incorporar os grelos e a bechamel.
  • Encher as filloas e regar coas salsas.






Valoración
Para poder comentar esta entrada debes estar rexistrado.
Introduce o teu usuario e contrasinal aquí.