Filloas gratinadas
Ingredientes:
- Ovo
- Leite
- Fariña
- Azucre
- Xema de ovo
- Maicena
- Margarina
- Filloas
Elaboración:
- Para facer a crema pasteleira, ferver o leite e desfacer nel a margarina. Incorporar a fariña, a maicena o azucre e a xema de ovo sen deixar de remexer. Cando estea todo ben mesturado, verter leite quente por enriba.
- Encher a filloa coa crema.
- Botar nunha tixola azucre e margarina e deixar desfacer o azucre. Torrar lixeiramente as filloas.
- Decorar ao gusto de cadaquén.
Nota: pódese substituír a crema por marmelo ou nata.
Valoración

