Escalope de polo con salsa de cogomelos

Compartir en Facebook

Ingredientes:

-    Cogomelos
-    Tona para cociñar
-    Aceite
-    1 dente de allo
-    Patacas
-    Escalopes de polo

Preparación:

  • Para facer a salsa de cogomelos, picar os cogomelos e o dente de allo. Salgar e saltear cun chorro de aceite de oliva. Cando comece a dourar, engadir a tona e reducir.
  • Pelar, cortar e fritir as patacas.
  • Salgar os escalopes e cociñar na prancha ata que estean ben cocidos.
  • Servir os filetes acompañados das patacas. Cubrir coa salsa de cogomelos.

 

Valoración
Para poder comentar esta entrada debes estar rexistrado.
Introduce o teu usuario e contrasinal aquí.