Ensalada de bacallau e tomate
Ingredientes (para catro persoas):
- 600 g. de bacallau desalgado
- 8 tomates
- 2 patacas grandes
- 1 paquete de brotes tenros de leituga
- 2 dentes de allo
- Tomiño fresco
- Vinagre de xerez
- Sal en escama
- Aceite de oliva
Elaboración:
- Pelar a pataca e cortala en anacos grandes. Cocer cun toque de sal e unha pinga de aceite de oliva.
- Aderezar as patacas cun toque de sal e un chorriño de aceite e esmagar.
- Retirar o miolo dos tomates e meter no forno regados con aceite e acompañados por unhas folliñas de tomiño fresco e unha chisca de sal.
- Unha vez feitos os tomates, retirar do forno e pelar. Reservar a polpa e o aceite de cocción.
- Confeitar o bacallau cun dente de allo e aceite abondo. Cando estea no seu punto, retirar do lume, quitar o pelexo e esmagar.
- Para o aliño, verter un chisco de aceite cru sobre o aceite de cocción dos tomates e engadir un pouco de vinagre. Mesturar todo ben.
- Alternar nunha fonte varias capas de pataca, tomate e bacallau. Arrombar os brotes tenros e decorar con tomiño.
- Aliñar e servir.
Valoración

