CRTVG

Buscar

Cociña

Ensalada "Boss Ferrol"

19/02/2000

Ingredientes:

-    Leituga
-    Cenoria
-    Sal
-    Tomate
-    Cebola
-    Herba dos cóengos
-    Aceite
-    Vinagre
-    Liscos de salmón afumado
-    Lagostinos
-    Gulas
-    Ovos
-    Mostaza
-    Maionesa
-    Sal
-    Aceite de oliva virxe extra
-    Vinagre de Módena

Preparación:

  • Cocer e picar os ovos.
  • Picar os tomates en dadiños.
  • Cociñar a lume lento a cebola coa cenoria.
  • Para a prebe vexetal, rustrir unhas cenorias con cebolas. Mesturamos nun cunco: leituga, mostaza, maionesa, tomate, ovo, cebola e cenoria. Darlle forma de cunca á ensalada e pasala a un prato.
  • Engadir o salmón afumado en lascas, cubrindo a cunca da ensalada.
  • Sobre o corazón da mestura, poñer as gulas rodeadas dos lagostinos.
  • Decorar con herba dos cóengos. Engadir aceite de oliva virxe e vinagre de Módena.