Ata o domingo 18, os medios públicos galegos poñen en marcha unha programación específica de sensibilización contra a desnutrición infantil crónica en colaboración con UNICEF.

Programas como “Bos Días”, “A Revista”, “Luar”, “A Solaina”, “ZigZag”, "Xabarín Club", “Galicia por Diante”, “Convivir en Igualdade” e “A Tarde” emitirán contidos especiais.

Presentadores e famosos realizarán chamamentos para que o espectador se una á causa benéfica cunha chamada ou cun SMS.