Os peores crimes que arrepiaron a Galicia nos dous últimos séculos
Cando aínda resoan os ecos do triplo crime de Valga, no que un home deu morte á súa ex-muller, á súa ex-cuñada e á ex-sogra en presenza dos seus propios fillos, que teñen conmovida á sociedade galega, cúmprense trinta anos do maior crime múltiple rexistrado en Galicia na era moderna. Ocorreu nos pobos de Surribas e Quinzán da Vila, na parroquia de Adá, do concello de Chantada, e no de Quinzán do Carballo, xa pertencente ó veciño concello de Taboada. Alí perderon a vida sete veciños e o propio autor dos feitos, que plantou lume á súa casa e inmolouse dentro da mesma. ler máis
Cúmprense 25 anos da fuxida do ex director da Garda Civil Luis Roldán desde Galicia
Este ano cúmprese un cuarto de século da desaparición do ex director da Garda Civil Luís Roldán, o primeiro civil ó mando do instituto armado, nomeado para o cargo polo Goberno socialista que presidía Felipe González, co que previamente xa fora durante catro anos delegado do Goberno en Navarra, entre 1982 e 1986. En outubro dese ano asumiu todo o poder á fronte da institución, tomando o relevo do entón tenente xeneral Sáenz de Santamaría. O ascenso do político aragonés supuxo tamén unha multiplicación dos beneficios económicos ilícitos obtidos por comisións dos contratos de obras nos cuarteis da Garda Civil. Eran anos nos que a corrupción se estendeu polas institución públicas e que, no caso de Roldán, eran tan escandalosas que acabaron por custarlle o posto a finais de 1993. ler máis
Dez estados europeos, entre os que figuran os máis ricos do continente, teñen menos poboación que Galicia
Galicia supera en poboación a dez estados europeos, tres deles contan coa maior renda per cápita do vello continente, sendo, a súa vez, dos de menor superficie. A Comunidade Autónoma galega conta cunha superficie de 29.575 quilómetros cadrados e unha poboación de 2,7 millóns de habitantes. O PIB nominal chega ós 69.436 millóns de dólares, en tanto que a renda per cápita sitúase nos 25.723 dólares. A situación estatística é desigual na comparación cos estados europeos máis pequenos, xa que ocupa o número seis por nivel de renda individual. Está superado por Mónaco, o estado de dimensión máis reducida con só 2 quilómetros cadrados de superficie e 38.300 habitantes, pero que conta cun PIB de 6.272 millóns de dólares e unha renda per cápita de 163.776 dólares que o sitúan á cabeza de Europa. ler máis
Valedor do Pobo: un cargo para xuristas de A Coruña e Ourense
Os únicos adxuntos ou vicevaledores non procedentes do mundo do Dereito son os xornalistas Celso Montero e María Xosé Porteiro
Os titulares da Oficina do Valedor do Pobo (aínda que a evolución social fai que aparezan como titulares Valedoras) desde o nomeamento do seu primeiro responsable no ano 1990 estiveron ocupados por xuristas e maioritariamente, maxistrados. Aínda que está considerada como unha das institucións básicas da autonomía galega, a súa posta en marcha non foi doada. Figura contemplada no artigo 14 do Estatuto de Autonomía de Galicia aprobado en 1980, porén a norma lexislativa que a regula non foi desenvolvida ata dous anos despois, a iniciativa do entón deputado Camilo Nogueira. O relatorio elaborado ó efecto tardou outro ano, decembro de 1983, que foi cando o Parlamento Galego lle deu o nome de Valedor do Pobo. A lei definitiva, aprobada por unanimidade, entrou en vigor o 5 de xuño de 1984. ler máis
Anxo Estévez, o neno que foi ‘esquío’ e brillou como estrela entre os cabalos e o circo
O feito de ter unha existencia movida desde a infancia seguramente influíu na súa forma de ser e de comportarse, vivindo para fóra, de cara á xente. Precisa a extraversión para ser el mesmo e faino a conciencia, con expresión natural. Naceu en Chantada hai 57 anos, mais durou pouco alí, xa que a casa familiar establecíase onde estaba destinado seu pai que traballaba facendo presas hidroeléctricas coa empresa Dragados. De Belesar pasou a Ribadavia e de alí a Ourense e ós oito anos entrou na “Ciudad de Los Muchachos”, a comunidade infantil e xuvenil que o cura Xesús Silva tiña en Bemposta, en Seixalbo, ás portas de Ourense. ler máis
Mariano Rajoy é o galego que permaneceu máis tempo no Goberno na España democrática
Dezaseis ministros nados ou afincados en Galicia tiveron asento no Consello de Ministros dende 1979
Mariano Rajoy foi o galego que permaneceu máis tempo como membro do Goberno de España desde as primeiras eleccións democráticas de 1979, con catorce anos en total repartidos en dúas etapas. A primeira, de 1996 a 2003, con José María Aznar como presidente, nas que ocupou as carteiras de Administracións Públicas, desde a que promoveu a LOFAGE en 1997, a lei que cambiou a estrutura do aparato burocrático do Estado, con medidas tan sonadas como a eliminación dos gobernos civís e dos gobernadores, pasando a ser subdelegacións do Goberno dirixidas por subdelegados, respectivamente, en cada provincia. Despois pasou a Educación e Cultura, desde a que saltou a Interior, Portavoz do Goberno e vicepresidente do mesmo. ler máis
Unha marca para cada padal
Os departamentos especializados das grandes compañías exploran permanente os mercados para saber as texturas e clientes que atraen ós potenciais clientes. Na capacidade que teñan para identificar a demanda reside boa parte do éxito comercial dos seus produtos, coa axuda inestimable dos departamentos de promoción e marketing para convencer ó maior número de consumidores posibles do que deben mercar. ler máis
Nomes propios na historia da enfermaría
A enfermaría é unha das profesións imprescindibles na vida das persoas na sociedade actual, e aínda que oficialmente non figura entre as máis antigas, o coidado e a atención dos enfermos existe desde os primeiros tempos da medicina. O título oficial desta disciplina foi aprobado en 1915 e para obtelo só existía a posibilidade de facelo en Madrid. Nesta andaina, Galicia ten nome propio e nomes propios, ata o punto de que só dous anos despois, en 1917, o cirurxián Adolfo López Durán, médico do Hospital Marítimo de Oza, solicita -e obtén- autorización á facultade de Medicina de Santiago para formar enfermeiras no seu centro, ó abeiro da Real Orde de 7 de maio de 1915. ler máis
Malgorzata Mankiewicz, voz de Galicia por Europa
Cando a nena Malgorzata Mankiewicz xogaba polas rúas da Varsovia distinguida na década dos oitenta, nunca se lle pasou pola cabeza que un día a súa vida transcorrería pegada a España e a Galicia, territorios dos que non sabía absolutamente nada. Eran tempos nos que Polonia estaba presidida polo xeneral Wojciech Jaruzelski e incardinada no bloque do Leste, liderado pola extinta Unión Soviética. “Naquela época a información do exterior que se proporcionaba ós nenos nos centros de ensino era escasa. Por outra banda, tampouco tiñamos excesiva inquedanza polo que ocorría máis alá das nosas fronteiras, pois vivíamos nun país no que todo estaba impregnado dun exacerbado espírito patriótico”, lembra agora entre risas nun céntrico local de Compostela, mentres repasa a súa andanza vital. ler máis
Antonia Willems, unha holandesa a contracorrente
Antonia Willems naceu en Alblasserdam, unha vila de 20.000 habitantes, que cando ela chegou ó mundo eran moitos menos, situada nas proximidades de Róterdam, a uns 13 quilómetros. É famosa pola cantidade de muíños e marcada tamén pola influencia da actividade do porto de Róterdam, o máis importante de Europa e durante moitos anos o primeiro do mundo, agora superado polos de Singapur e Sangría. Antonia medrou nunha familia de clase media baixa que vivía dos ingresos que proporcionaba unha pensión que rexentaban os seus pais. ler máis
Eduardo Lastra, un galego de Asturias
Eduardo Lastra é unha desas persoas a quen as circunstancias da vida colocou na dualidade permanente, pero esa é unha percepción externa porque el nunca se sentiu así nin llo pareceu. Naceu en Taramundi, que é un pobo do occidente asturiano pegado á provincia de Lugo; criouse en Taramundi, traballou en Taramundi, foi alcalde do seu pobo durante máis de tres décadas e tivo responsabilidades no goberno asturiano. Con todo, boa parte da súa vida desenvolveuse en galego e cos galegos, que son os veciños máis próximos ó seu pobo. Cando se lle expón esa situación de dualidade permanente, encóllese de ombros e afirma que os residentes na contorna viven con total naturalidade a condición de cidadáns situados nun enclave entre dous territorios administrativos distintos, pero cunhas condición de vida idénticas e cos mesmos problemas e vantaxes. Todos pensan que as cousas son como son, sen máis. Compran mercadorías ou fan outro tipo de negocios do lado galego, do mesmo xeito que os galegos da contorna mercan e venden en Taramundi e outros pobos asturianos por razóns de proximidade, transcendendo as cuestións derivadas da xeografía política. ler máis
Emilio Araúxo, o poeta da alma errante
Fala ben, exprésase a través dunha oratoria fonda, sentida, e como bo filósofo, ten moi debullado o pensamento, cousa que lle permite aforrar a parte superflua da lingua e verbalizar de forma sinxela pero cargado de significado. No seu discurso e nos seus textos verte o mellor de si mesmo, puro zume ou esencia da súa bagaxe intelectual, que cativa a interlocutores e lectores. ler máis
O soño imposible de María
María tiña un soño recorrente: verse na televisión, ou mellor dito, verse e que a viran os seus veciños, coma se fora unha estrela da pequena pantalla. O caso e que María non tiña ningún episodio relevante na súa vida como para facela acredora de protagonismo televisivo; tampouco a casualidade xogou a seu favor para convertela en protagonista ou testemuña involuntaria de feito algún dos que saen a diario nos informativos ou nos programas de entretemento. O caso é que a súa teima era un momento de gloria televisiva, aínda que só abarcara uns segundos. ler máis
Cacharro e Xosé Luis Baltar suman 46 anos como presidentes das deputacións de Lugo e Ourense, máis que os 8 da Coruña e os 8 de Pontevedra
Francisco Cacharro Pardo e Xosé Luís Baltar Pumar suman máis anos como presidentes das deputacións de Lugo e Ourense, respectivamente, que os oito primeiros mandatarios que estiveron á fronte das da Coruña ou outros tantos que o fixeron na de Pontevedra desde 1979. O desaparecido político lugués, accedeu á primeira cadeira de brazos do pazo provincial de Lugo nas eleccións municipais de 1983, manténdose ininterrompidamente como presidente ata o ano 2007, cando foi substituído polo socialista Xosé Ramón Gómez Besteiro. ler máis
Cinco cemiterios galegos, entre os máis distinguidos de Europa
A cultura funeraria está cada vez máis de moda debido ó notable incremento de visitantes que se achegan ós camposantos, interesados nos seus monumentos e por atopar o lugar no que foron soterrados os persoeiros ilustres ou destacados de cada pobo, vila ou cidade. Este movemento que rexurde nos últimos anos está centrado arredor da Asociación de Cementerios Significativos de Europa (ASCE, nas súas siglas en inglés), da que forman parte 179 recintos mortuorios de 22 países. España conta con 30 integrados cemiterios integrados neste colectivo e cinco deles están en Galicia: o de San Amaro, en A Coruña; San Froilán, en Lugo; o cemiterio dos Ingleses, en Camariñas; Santa Mariña de Doce, en Cambados, e o de San Francisco en Ourense. ler máis
De neno chabolista a dono dun imperio económico
Fernando Faro Rúa foi sempre un neno inconformista e rebelde, seguramente impulsado polo entorno. Fillo de nai solteira na aldea de Aboal, concello de Mondariz, vivía na máis absoluta miseria, acrecentada coa chegada do seu irmán Pepe, apenas un ano e poucos meses máis novo. Residían en condicións miserables nunha humilde casiña de planta Baixa co piso de terra e sustentábanse co magro xornal que gañaba a súa nai ó servizo do home máis rico da aldea.
ler máis
Dúas vidas nunha ou unha partida en dúas
Máis de 28 anos despois, a Rosa L. C. aínda lle costa facer conversa daquel venres 29 de decembro de 1990 e as circunstancias que o rodearon. O episodio está superado, pero se non é necesario, mellor deixalo ir polo río do paso do tempo. Era naquel intre unha xove funcionaria galega en Madrid, como tantos outros miles que superara unha oposición para gañarse a vida. 22 anos recén cumpridos, con fame para cumprir os soños vitais, e con folgos para coller o bus case todas as fins de semana e percorrer os máis de 500 quilómetros ata a terra e gozar da calor familiar e dos amigos de sempre, tamén igual que outros milleiros de colegas paisanos. ler máis
O estraperlo, economía de subsistencia na “raia” durante medio século
Tras a Guerra Civil, o estraperlo convertiuse nun medio de vida para moita xente e tamén nun modo de enriquecemento para certas persoas por medio de estafas
A guerra civil española pasou por Galicia de xeito superficial no que atinxe ó conflito armado, en tanto que o exército e o resto das forzas de seguridade puxéronse do lado dos sublevados dende os primeiros momentos, o que evitou o enfrontamento bélico en territorio galego. Porén, os cidadáns desta terra si que sufriron as consecuencias ca contenda fratricida que se libraba noutros territorios do Estado, que se agudizaron unha vez finalizada a guerra, en 1939. Un país devastado e arruinado, coa economía destruída e afectada polos efectos da Segunda Guerra Mundial que se libraba por media Europa por enriba dos Pirineos. ler máis
Máis de 700 persoas ou institucións foron galardoadas coas medallas Galicia e Castelao en 35 anos
Foron instauradas en 1984 e os primeiros premiados foron Castelao e Carballo Calero, Filgueira Valverde, Ánxel Fole, Antón Fraguas, Emilio González López, Xaquín Lorenzo, Ramón Martínez López, Parga Pondal e Paz Andrade
Máis de setecentas persoas, institucións ou colectivos foron galardoados coa Medalla de Ouro de Galicia e coa Castelao nos últimos 35 anos. As medallas foron instituídas pola Xunta en 1984 para distinguir ou recoñecer os méritos acadados ou o papel xogado na sociedade galega. A de Galicia, con varias categorías, é a máxima distinción de honra outorgada pola Administración autonómica a persoas ou entidades por méritos contraídos ó servizo de Galicia en calquera aspecto da realidade social, cultural ou económica, segundo reza na xustificación da súa creación.
Coa medalla Galicia foron condecoradas 78 persoas na categoría de ouro; 171 na de prata e 232 na de bronce, en tanto que a medalla Castelao recoñeceu o labor de 243 persoas. O primeiro premiado coa Galicia na categoría de ouro foi Alfonso Daniel Rodríguez Castelao, un dos impulsores e fundadores da Xeración Nós e un dos pais do movemento nacionalista que desembocaría no primeiro Estatuto de autonomía que chegou ó Congreso dos Deputados no verán de 1936. O segundo galardoado foi o rei Juan Carlos (1985) e o terceiro, Antonio Rosón Pérez, a título póstumo, que foi o primeiro presidente do Parlamento galego.
ler máis
A Ribeira Sacra opta a converterse no 48º enclave Patrimonio da Humanidade en España
Andalucía e Castela e León encabezan a clasificación de lugares con maior número de distinción: 7 cada unha delas
A Ribeira Sacra será candidata a obter a distinción de Patrimonio da Humanidade outorgada pola UNESCO no ano 2020. De conseguilo, sería o enclave número 48 en territorio español, dos cales dous pertencen a varias comunidades, unha delas Galicia. Trátase do Camiño de Santiago e o Arte Rupestre do Arco Mediterráneo. Hai que engadir outros dezaoito pertencentes á categoría de Patrimonio Inmaterial. As Comunidades Autónomas con maior número de distinción son Andalucía e Castela e León, con sete cada unha, seguidas de Cataluña, con cinco. Por detrás, con tres, están Canarias, Castela-A Mancha, Estremadura, Galicia e Madrid. No caso de que prospere a candidatura da Ribeira Sacra, Galicia situaríase no terceiro lugar. Por cidades, a máis destacada é Córdoba, que o ano pasado viu como se premiaba Medina Azahara, a cidade que oficio como capital do califato no século XI, a Mezquita, o Casco Histórico e a Festa dos Patios (patrimonio inmaterial). ler máis