Pablo Iglesias e Felipe González lideraron o PSOE a metade dos seus 138 anos de vida

22/11/2016 11:45:02
Pablo Iglesias e Felipe González lideraron o PSOE a metade dos seus 138 anos de vida

Entre os dous suman 69 anos á fronte da organización socialista, oito máis que 16 dos 18 secretarios restantes. 

Pablo Iglesias e Felipe González gobernaron o Partido Socialista Obrero Español durante 69 anos: 46 o primeiro (1879-1925) e 23 o segundo (1974-1997). Ambos abranguen, aínda que en épocas distintas, a metade xusta dos 138 anos de historia do PSOE, que naceu en maio do ano 1879, cando en España reinaba Alfonso XII e presidía o Goberno Arsenio Martínez Campos. Martínez Campos gañara as eleccións un par de meses antes e dous anos despois, noutros novos comicios, foi derrotado por Práxedes Mateo Sagasta.

O pai do socialismo español, e tamén fundador da UXT, non entrou pola porta grande na política, pois o seu partido obtivo resultados moi modestos durante anos e non sería ata 1910 cando conseguíu o seu primeiro deputado,o propio Iglesias, que revalidaría sucesivamente nas eleccións de 1914 e 1916.

O partido non acadaría relevancia e capacidade decisoria na política española ata a chegada da Segunda República, en 1931. Iglesias mantivo o posto de secretario xeral ata a súa morte, o 9 de decembro de 1925, superando os 46 anos de liderado dende a fundación do partido.

Felipe González, pola súa banda, fíxose co control do PSOE no congreso de Suresnes en 1974, aínda na clandestinidade. Da súa man chegou a legalización do socialismo en España en 1976 e os momentos máis brillantes e decisivos da súa existencia, cunha victoria histórica o 28 de outubro de 1982, éxitos electorais que se foron sucedendo ata 1996. Un ano despois, González anunciaría a súa renuncia á Secretaría Xeral, sendo substituído por Joaquín Almunia.

Iglesias e González son considerados referentes históricos dentro da organización, aínda que os dous pasaron por momentos delicados. Baixo a dirección de Pablo Iglesias tiveron lugar as escisións que deron lugar ao nacemento do Partido Comunista de España, e pola súa banda, González está sendo cuestionado nos últimos anos por unha parte das bases e cuadros, ao considerar que defende posturas alonxadas dos postulados históricos do PSOE, propoñendo alianzas e alineamentos con importantes poderes fácticos e mesmo coa dereita política.

Aínda que vive momentos convulsos, o certo é que a época de maior tensión e dificultade para esta formación transcurriu durante o franquismo, obligada a funcionar na clandestinidade. As diferenzas chegaron a ser tan evidentes como para existir duas organizacións baixo as mesmas siglas: unha no interior e outra no exilio, con direccións distintas e fórmulas diferentes sobre a acción política.

O terceiro líder mais duradeiro sería Miguel Ángel Martínez, que estivo á fronte da Secretaría Xeral no interior dende 1944 ata 1965, ano da unificación en que cedeu o testigo a Rodolfo Llopis, que xa viña sendo secretario xeral no exilio dende 1954. Pese á respectable etapa á fronte do partido, foi tempo sen apenas actividade, pois coincidiu coa maior represión do franquismo contra os partidos e os políticos disidentes.

O cuarto líder con mais tempo de permanencia no poder foi Rodolfo Llopis, que entre 1954 e 1965 dirixiu o partido no exilio e a partir deste ano asumiu a Secretaría Xeral do PSOE unificado, despois do acordo logrado cos do interior. Figurou á fronte ata 1972, despois de perder o Congreso de Toulouse diante da nova fornada de dirixentes que querían facer acción política dende dentro, aínda na clandestinidade.

Sumando o tempo dos dous últimos como secretarios xerais (1944-1972) ao de Pablo Iglesias e Felipe González, dan 97 anos, polo que os 41 anos restantes foron ocupados por 16 líderes. Seguindo esa liña e engadindo os 25 anos de Ramón Gómez Peña (1935-1948) e José Luis Rodríguez Zapatero (2000-2012), suman 122 anos entre seis dirixentes. Logo os 16 restantes repártense entre 14 máximos responsables con mandatos brevísimos, aínda que algúns se superpoñer no tempo ao existir a xa mencionada duplicidade de liderado entre exilio e interior.

 

Compartir en Facebook
Valoración
  • 2,8571428571429
  • 1
  • 2
  • 3
  • 4
  • 5
Envía o teu comentario!.
Para poder comentar esta entrada debes estar rexistrado.
Introduce o teu usuario e contrasinal aquí